Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Contacontos para bebés este xoves na Biblioteca Municipal de Tui dentro das actividades de Nadal

Será ás 17 h con Migallas Teatro e o espectáculo -Contos do chupete-

Será ás 17 h con Migallas Teatro e o espectáculo -Contos do chupete-

Fecha: 02 de Enero de 2020

Fuente: Concello de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui completa a súa oferta de actividades de Nadal este xoves, 2 de xaneiro, ás 17 h, cunha sesión de contacontos dirixida a bebés e nenos e nenas con idades entre 0 e 3 anos. Correrá a cargo de Migallas Teatro co titulo de "Os contos do chupete".

"Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

A actividade parte de que Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete... Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito... a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

É unha sesión de contacontos na que participan tanto os cativos e cativas como os seus pais e nais, pois está orientada para toda a familia.
A Concellería de Cultura tudense con esta actividades promovida pola Biblioteca Municipal continúa desenvolvendo a súa aposta pola promoción e animación á lectura entre todos os segmentos de idade, neste caso para os usuarios máis cativos, para eles tamén hai sitio na Biblioteca Municipal.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones