Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Continúa na Guarda a programación do Nadal

O Concello da Guarda continúa esta semana coa programación de actividades do nadal con maxia, circo, cinema, música a moito máis.

O Concello da Guarda continúa esta semana coa programación de actividades do nadal con maxia, circo, cinema, música a moito máis.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda continúa esta semana coa programación de actividades do nadal con maxia, circo, cinema, música a moito máis.

Na xornada da tarde deste martes día 27 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia co Rey Midas, un dos mellores showmans do momento en Galicia que chega á Guarda con moita Maxia, Humor e Misterio, nun só espectáculo, un show con moito ritmo de principio a fin. 20 Anos de experiencia para o desfrute de todos e todas!

Tamén na tarde deste martes adiantase o pasarrúas previsto para a xornada do mércores, que pola previsión meteorolóxica vaise a celebrar ás 19:00h dende a Alameda ata a Praza de Avelino Vicente. Este é un espectáculo para todos os públicos que nace da tolería e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous clowns deste divertido espectáculo de rúa. Mirroska explosiva e provocadora nata, que fai da ironía o seu medio de expresión e da risa o seu traballo e Juanito, este neno grande de poucas palabras que é un cocktail de técnica e de humor, da fusión destes dous e do público crease a maxia do teatro de rúa, son risas aseguradas.

O xoves 29 de decembro ás 20:00 horas Centro Cultural da Guarda acolle o Concerto Ventos de Nadal cos grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda, cuarteto de clarinetes e grupo de metais.

Xa case para rematar o ano o venres día 30 de decembro chega o cinema infantil coa proxección de “Los Elfkins” ás 18:00h no Centro Cultural. Unha película apta para todos os públicos e indicada especialmente para os nenos e nenas onde se conta a historia dos Elfkins, que ao longo de máis de 200 anos viven baixo terra, escondéndose do mundo superior e evitando calquera interacción con humanos "ingratos e malvados". Pero un día, Helvi, Kipp e Butz deciden subir á superficie da terra. Despois de moitas aventuras, Helvi faise amigo de Theo, un pasteleiro un pouco malhumorado que lle lembrará a ela e a todos os demais Elfkins o seu verdadeiro propósito na vida: axudar aos demais.
Unha película tenra e divertida con aires que nos lembran a Ratatouille no referente a seres diminutos que se apoderan da cociña para atopar unha boa conclusión para estes tempos: que a veces se nos esquece gozar co que temos.

O sábado 31 de decembro chega a Carreira San Silvestre á Guarda, un evento deportivo con saída  ás 17:00h. da Praza de Avelino Vicente e no que haberá agasallos con vales de compra no comercio Guardés, cedidos polo comercio, restaurantes e empresas da vila. As inscricións se pechan este xoves en https://www.deporticket.com/web-evento/7889-san-silvestre-a-guarda

E como prato forte o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza de Avelino Vicente ás 18:00h.  Circo de lume é un espectáculo de pura acción para tódolos públicos. Con emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofagia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con más de 13 años de adestramento, conclúen nun espectáculo de efectos visuales impresionantes.

O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.

A Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

A proba de obstáculos en familia A GUARDA FAMILIY KIDS, na Alameda ás 16:30h. que pechará a programación o día 7 de xaneiro.

  

PROGRAMACIÓN:

DECEMBRO

Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Mago Rei Midas

Martes 27 de decembro ás 19:00h no Centro da Vila (data modificada)
Animación Itinerante dende a Alameda ata a Praza de Avelino Cicente

Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical da Guarda

Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Cinema Infantil 

Sábado 31 de decembro ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente
San Silvestre

 

XANEIRO

Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda
Carteiros do Nadal
Días 3 e 4 de 17:00h a 20:00h
Día 5 de 11:30h a 14:30h

Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Circo de lume

Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Cabalgata e visita dos Reis Magos

Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
A Guarda Family Kids

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí