Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Continúa o programa Cultiva a Mente retomando a actividade presencial

Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos promovendo un envellecemento activo e saudable

Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos promovendo un envellecemento activo e saudable

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tui

O programa Cultiva a Mente, posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, retomou a pasada semana a actividade presencial.  Até o 15 de xullo este programa desenvólvese durante hora e media á semana nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns, tras a mellora da situación epidemiolóxica e con todas as medidas de seguridade.  Nos últimos meses a actividade mantívose de xeito telemático  enviando o material a través de distintas plataformas ou ao domicilio.

Cultiva a Mente é un programa preventivo dirixido a calquera persoa maior de 55 anos. Os seus obxectivos son promover un envellecemento activo e saudable, coñecer coma funciona o noso cerebro, técnicas de aprendizaxe de mellora, estimulación de distintas funcións cognitivas coma memoria, atención, linguaxe, … e tamén fomenta a sociabilidade ao ser unha actividade grupal.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden presentar por rexistro de entrada a solicitude na casa do concello ou contactar con AFAGA no 986 22 97 97. Poden acudir a aquela parroquia na que hai prazas independentemente do seu lugar de residencia, sempre que sexa no termo municipal de Tui.  Hai prazas libres en Areas, Caldelas, Pazos de Reis e Guillarei, mentres que Rebordáns que ten o grupo completo.

Os horarios da actividade son os seguintes: martes ás 10 h en Caldelas, mércores ás 10 h en Pazos de Reis e ás 12 h en Areas, xoves ás 9.30 h en Guillarei  e venres ás 10 h en Rebordáns.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí