Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Continúan os obradoiros gratuítos de Nadal durante as vacacións escolares dos cativos no Concello de Tui

Terán lugar entre o 26 e o 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro

Terán lugar entre o 26 e o 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro

Fecha: 02 de Enero de 2017

Fuente: Concello de Tui

Continúan as actividades para os mais cativos dentro da programación de Nadal do Concello de Tui. Durante as vacacións escolares de Nadal, e co gallo de ofrecer actividades de lecer e permitir a conciliación familiar e laboral dos pais e nais, entre o 26 e o 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro terán lugar diferentes obradoiros.

Todas as actividades desenvolveranse no edificio da Área Panorámica -porta 4- entre as 11:30 e as 13:30 horas. Todas buscan desenvolver a creatividade e imaxinación dos nenos á vez que traballan coas súas mans e aprenden valores como a reciclaxe. Estarán ademais acompañadas de xogos con música. Así mesmo, haberá diferentes espazos, dependendo da idade de cada neno.

O primeiro dos obradoiros terá lugar o luns, 26 de decembro, baixo o título de "Deixando pegadas". Nesta actividade os nenos e nenas elaborarán diferentes figuras de Nadal coas súas mans. O martes será a quenda de "magnetízate" na que os asistentes realizarán debuxos que serán convertidos en imáns. O mércores terá lugar un certame de postais no que a rapazada traballará con diferentes materiais nunha actividade na que deberán desenvolver a súa creatividade persoal. A seguinte actividade terá lugar o xoves, con "navidecor". Os nenos e nenas elaborarán diferentes elementos decorativos para participar nos adornos das súas casas. E por último o venres, no derradeiro obradoiro do ano, todos os asistentes irán de esmorga cunha festa de fin de ano na que haberá xogos, música e baile.

Xa en xaneiro, os obradoiros volverán o luns, día 2, cunha representación de monicreques que será o xermolo para que os nenos e nenas confeccionen o seu propio boneco con teas. O martes seguirán as actividades manuais cun obradoiro de reciclaxe no que traballarán con materiais de refugallo. Por último, o mércores, haberá unha "festa rachada" con sesións de karaoke, baile, xogos e festa para recibir aos tres reis magos.

Todos os obradoiros, para idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, son de balde e para poder participar os pais ou nais dos nenos deberán firmar unha autorización. Están organizados polo Concello de Tui en colaboración con "En un tris tras".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí