Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONVERXENCIA 21 DE TUI DESMINTE O RUMOR DUNHA MOCIÓN DE CENSURA

Os rumores de que eu xa tiña pactado coa dereita ser alcalde intensificaronse ata o día da investidura

Os rumores de que eu xa tiña pactado coa dereita ser alcalde intensificaronse ata o día da investidura

Fecha: 06 de Octubre de 2015

Fuente: Converxencia 21

Ao día seguinte das eleccións algúns se beliscaban ao ver o resultado de C21, que pasaba de ser a sexta a ser a terceira forza política de Tui, pouco lle durou a alegría a algúns ante o mal resultado do PP de Rocha, a besta negra política de moitos, rápidamente e ante a caída de Rocha determinaron que o seu inimigo era outro, Converxencia 21, e non o determinaron por causas obxectivas senón simplemente porque se decataron dalgo moi sinxelo, C21 pasaba a ser un actor determinante na política local para decidir quen ia gobernar no futuro, tanto desde un punto de vista aritmético como dun punto de vista socio-político e probablemente estean a facer unha boa análise, é máis, é a existencia de C21, ao ser unha opción atractiva para votantes procedentes da dereita, pero que está claramente á marxe do PP, o que posibilitou, entre outros factores, que en Tui poida perder o PP e os seus partidos satélites o poder. 

Fun convocado polo principal partido da dereita antes da investidura e nesa reunión trasladousenos unha oferta política que rexeitamos, entendíamos que os nosos votantes querían un cambio que pasaba por evitar o aceso ao poder de Antonio Rocha e fomos leais a esa vontade de cambio dos nosos votantes, insisto, a nosa acción está guiada pola lealdade aos nosos principios e aos nosos votantes, ainda que naturalmente non todos os nosos 1.195 votantes pensan igual e incluso, algún destes, nos animaron a aceptar a oferta.


Xunto con Eduardo Freiría, o día da investidura.


A nosa mensaxe á dereita en público e privado é moi clara, só poderemos valorar a posibilidade dun entendimento con eles en caso de que se produza unha renovación a fondo de persoas, compre pechar definitivamente o longo e, ao noso xuizo, negativo periodo do PP no poder en Tui, igual que en Andalucía apoiariamos a calquera para lograr que o PSOE perdese o poder, séntimonos tan lonxe do PP como do PSOE e usamos a nosa forza para facilitar a alternancia. Témolo repetido até a saciedade, somos un partido liberal, podemos pactar coa esquerda ou coa dereita, como fan os partidos liberais de toda  Europa, sentímonos orgullosos de ser o que somos, se quixeramos ser de esquerdas ou de dereitas, non existiría C21. 

Os rumores de que eu xa tiña pactado coa dereita ser alcalde intensificaronse ata o día da investidura, moitos non dubidaron en difamarnos, pouco lles importou que C21 votase incondicionalmente a investidura dun alcalde do PSOE, ninguén nolo agradeceu, ninguén se desculpou por ternos acusado en falso e difamado e os rumores acusatorios, xa transformados en suposta ameaza de moción de censura tardaron poucas semanas en voltar a aparecer e eses rumores son alentados, entre outros, pola cúpula local do PSOE, non son rumores inocentes, e isto é especialmente grave cando lle dixen ao alcalde persoalmente e duas veces  no último mes que non hai nada diso, tamén llo dixen á concelleira de Facenda e Urbanismo, todo forma parte dunha estratexia do PSOE e de parte da esquerda social para desgastarnos e desprestixiarnos, saben que están acusando en falso pero continúan alimentando igualmente o rumor, a verdade non interesa, desprestixiar a C21 é o único obxectivo. 

A esquerda debería estar dobremente agradecida, é a existencia de C21 o que descapitaliza eleitoralmente á dereita e ademáis eses concelleiros foron usados para favorecer a  alternancia no poder, pero en lugar de agradecemento, ou como mínimo un silencio respeituoso recebemos difamacións, o alcalde  impídeme falar no pleno en duas ocasións, etc. Sí, señores meus, nada do amor a Tui e outras razón poéticas que esgrimen, algúns interpretaron axiña que a sua permanencia indefinida no poder pasaba pola destrución política de C21 e niso están embarcados. 

O alcalde interpreta o papel de mártir, dicindo que non lle preocupa unha posible moción  e seguir sendo alcalde, senón “seguir traballando por Tui”, home, supoño que se se presentou a alcalde é que quere ser alcalde, igual que o resto que nos presentamos, e se participou no golpe orgánico no que se suspendeu de militancia a todo o PSOE de Tui e que o impuxo a el como cabeza do partido no 2011 imaxino que sería porque lle parecería atractiva a idea de ser alcalde de Tui, non ten nada de malo querer ser alcalde, o reprochable é tratar de ocultalo, como se deixar de ser alcalde non lle preocupase o máis mínimo. 

Ninguén vai conculcar o noso dereito a reunirnos con quen queiramos, reunínme, por exemplo, co resto da oposición antes do pleno de setembro para recabar o seu apoio para o cambio de dia festivo e para impedir a suba do IBI, é dicir para defender os nosos principios, e farémolo cantas veces proceda, de feito se nunca nos reunimos co goberno é porque nunca nos convoca, con eles tamén procuraríamos defender os nosos principios, que poden ser defendidos con moita máis forza desde a oposición que desde a integración nun goberno de esquerdas no que fósemos minoritarios, aproveito para comunicar públicamente a nosa predisposición a negociar o noso apoio aos orzamentos pero moito me temo que o que menos interesa ao PSOE de Tui é establecer unha relación de lealdade e colaboración con C21. 

A xente está en política por diversas razóns, normalmente por unha combinación de varias desas razóns, para algúns os principios son fundamentais, é o noso caso, hai camiños moito mais curtos ao poder que fundar un partido liberal e galeguista, desde logo entrar en PP ou PSOE é un camiño moito máis rápido e con moito máis percorrido. Que non lles conten mentiras, a política é a loita pola conquista e conservación do poder, para uns poucos, ese poder non debe ser alcalnzado a calquera prezo, C21 de Tui demostrou que está entre eses poucos, no marcador da ética, vamos gañando.

Estamos en política por principios, principios que só representa C21, oxalá fosen principios maioritarios, pero non o son, mentres tanto seguiremos defendendoos e divulgándoos como poidamos e non vamos pedir perdón por non ser socialistas, nen comunistas, nen conservadores. Latexa un fondo alento totalitario neses ataques que recibimos, como se no fondo se nos quixera negar o dereito á discrepar e o dereito a existir, ataques irracionais cheos de ira e de mentiras que pretenden o noso desprestixio, non latexa neses ataques ningún ánimo construtivo ou de xustiza, só un forte ánimo de destrución política, esa intención é tan forte que non ten barreiras éticas ou morais de ningún tipo e xa me tiven que encontrar en varias ocasións coa utilización política que se fai dos meus pais, pode haber unha táctica política máis miserable e desprezable que a de usar a duas persoas falecidas para desprestixiar ou condicionar ao seu fillo?.

A pesar de que sí podo dicir que estamos arrependidos, especialmente despois do pleno de setembro, de non ter condicionado o noso apoio ao novo alcalde na investidura, ao ver como a nosa xenerosidade foi pagada con desagradecemento, quero deixar claro que C21 de Tui non está, nen sequera, avaliando, a posibilidade dunha moción de censura, unha moción de censura é un instrumento moi excepcional, ainda que compre lembrar que para algúns é unha mera ferramenta de acceso ao poder e están dispostos a empregalo unhas semanas despois da investidura, como o PSOE vai facer na deputación de Lugo, ou apoiándose en tránsfugas, como fixo unha parte do PP en estreita colaboración co PSOE en Tui cando chegou á alcaldía o señor Rocha, na moción de censura de 1998. Como hai algúns que non aspiran a saber a verdade senón a difamar para facer dano, dá igual o que diga eu, os rumores continuarán, non fagan caso, o día que haxa algo merecente de ser sabido en relación a C21, seremos os de C21 os que informaremos, e xa adianto que non nos vamos pasar o mandato desmentindo rumores, estaríamos reforzando a marulleira táctica dos que escolleron ser os nosos adversarios, e non nos debemos a eles senón aos nosos votantes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones