Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONVERXENCIA 21 MANIFESTA A SÚA VONTADE NEGOCIADORA FRONTE OS ORZAMENTOS DE TUI

Tamén presentarán unha moción de aforro enerxético no vindeiro pleno de decembro

Tamén presentarán unha moción de aforro enerxético no vindeiro pleno de decembro

Fecha: 01 de Diciembre de 2015

Fuente: Converxencia 21

O grupo municipal de C21 está á espera de poder aceder á proposta de orzamentos do goberno municipal que se debaterá no pleno correspondente a decembro. O alcalde tennos manifestado as liñas mestras do mesmo, coa mesma información que ten feito pública. Non vamos facer pública a nosa opinión sobre o orzamento en si ata que teñamos toda a información.

Queremos desde xa manifestar a nosa vontade negociadora, non son os nosos orzamentos, e non aspiramos a que o sexan para votalos afirmativamente, pero si que trataremos de pactar algunha modificación consistente cos nosos principios liberais, faremos públicas as nosas peticións ao goberno unha vez analisada e avaliada toda a documentación.

Moción de urxencia sobre aforro enerxético 26/11/2015


Dado que:

-España ten o consumo máis alto en alumeado público de Europa, con tres veces maior consumo que o de Alemaña e 115 kilovatios / hora por habitante.
-En Tui temos algunhas zonas sobreiluminadas.
-Este sobrecusto supón un lastre para as posibilidades de recuperación económica de Tui, xa que gasto innecesario, supón incremento do acoso fiscal.
-Sen necesidade de facer unha auditoria enerxética podemos afirmar que por exemplo este mesmo edificio, a casa do concello, é moi ineficiente enerxeticamente, tamén a Área Panorámica.
-Que, desde un punto de vista liberal, para que o concello non supoña un freo a actividade económica precisamos que manteña moi controlados os gastos correntes.


PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

1)Que se poña en marcha un plan de iluminación para o concello con vistas a diminuir o custo enerxético mantendo uns niveis aceptables de iluminación.
2)Que pare este fin se instalen mecanismos automáticos de acendido e lampadas de tecnoloxía LED.
3)Tendo en conta que se trata claramente dun investimento autosustentable, que se destine un investimento importante procedente do remanente de tesouraría para a mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais mediante a melloras das envolventes térmicas e instalación de caldeiras de biomasa e paneis solares térmicos onde sexa viable e aconsellable.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones