Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Converxencia 21 solicita un informe dos -custes efectivos- nos servizos recen asumidos e das -achegas- realizadas con cargo a Remanente polo Goberno do Concello de Tui.

Os liberais tamén votaron en contra da subida do IBI.

Os liberais tamén votaron en contra da subida do IBI.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Abril de 2024

Fuente: C21

O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, nunha longa e minuciosa intervención analizou de forma moi crítica o expediente de Recoñecemento de Crédito presentado polo Goberno Local neste último  Pleno Ordinario e que a xuízo do voceiro “presenta graves eivas posto que se carece de crédito, o expediente afecta a estabilidade orzamentaria e por enriba, dende o punto de vista procedimental resulta preocupante, sobre todo no que se refire ao escaso axuste de moitas desas facturas a Lei de Contratación do Sector Público”, tal como sinala o informe do Departamento de Intervención. 

Ante o voto negativo cara a este expediente por parte do Partido Popular e a abstención do BNG, a decisión estaba en mans de Converxencia 21.  Un voto en contra dos liberais suporía o impago a provedores e que estes tiveran que reclamar pola vía xudicial, (e explica Palacín) “co conseguinte trauma para as empresas, co desprestixio e desconfianza cara ao Concello e a imposición xudicial de Xuros de Demora contra o ente local”  

Ante isto, o seu voceiro, (volven a explicar dende C21), “sabedor de que unha parte destas facturas proceden da falta de previsión do Goberno ante o custe efectivo dos servizos adquiridos recentemente e a ausencia de licitacións en determinadas prestacións”, solicitou ao amparo a Lei 27/2013 de 27 de decembro (LRySAL) e en aras da racionalización e sustentabilidade da Administración Local, un estudo e informe que desvele os custes do mantemento das zonas axardinadas e demais novos servizos nas rúas recen reformadas como Colón, Loureiro ou Lugo, ou as de próxima actuación como Concordia, Augusto González Besada e Corredoira. Do mesmo modo, tamén pide incluír no informe un listaxe de cantidades que se están a cargar no Remanente en concepto de achegas por recentes e futuras actuacións en edificios públicos como o Club Nautico San Telmo, piscinas, reformas en pavillóns deportivos etc.. e os custes efectivo do mantemento, conservación e xestión dos mesmos, así como tamén do Centro de Interpretación da Cárcere Vella.

Tamén, ante a petición de C21, o Alcalde, Enrique Cabaleiro, comprometeuse a licitar o Servizo de Loita contra as Pragas neste ano e estudar o propio cos sistemas informáticos. Por último, ante a chamada de atención dos Liberais sobre a situación económica financeira do Concello debido as facturas incorrentes en Parques e Xardíns, o titular de Facenda, Miguel Méndez, anunciou esta licitación para antes do fin de 2024.

C21 tamén votou en contra da subida do IBI porque calquera decisión necesita un Plan Económico Financeiro serio e duns orzamentos para cuantificar tan conveniencia, do mesmo modo, como liberais “no son partidarios de empobrecer aos contribuíntes de forma indiscriminada”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí