Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Convocados os grupos políticos para estudar a nova praza de abastos de Tui

O equipo de goberno municipal convoca a tódolos grupos políticos a unha reunión para resolver as dúbidas que permitan a aprobación do proxecto da Praza de Abastos.

O equipo de goberno municipal convoca a tódolos grupos políticos a unha reunión para resolver as dúbidas que permitan a aprobación do proxecto da Praza de Abastos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Septiembre de 2023

Fuente: PSOE Tui

  • O equipo de goberno municipal convoca a tódolos grupos políticos a unha reunión para resolver as dúbidas que permitan a aprobación do proxecto da Praza de Abastos.
  • O proxecto que foi o quinto mellor valorado de España ofrece unha oportunidade única de financiación a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE quere comunicar a toda a cidadanía tudense que hoxe terá lugar unha reunión técnica cos grupos municipais para solucionar as dúbidas sobre o proxecto da Praza de Abastos e aproveitar así a financiación conseguida para a súa reforma a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Tras o pleno pasado evidenciouse que existe  un descoñecemento por parte da oposición do estudo e plan de usos do mercado municipal elaborado polo equipo de goberno a lexislatura pasada, do proxecto de reforma elaborado e do proxecto finalista que acadou unha das máximas puntuacións de España por parte do Ministerio de Comercio. Ante esta situación, o goberno quere solucionalas e tratar de levar adiante esta oportunidade para Tui, atendendo e explicando tamén ao completo da cidadanía tudense os obxectivos que persegue este proxecto, xa que é a beneficiada e interesada última desta actuación.

O proxecto de reforma da praza de Abastos englóbase dentro dun proxecto de maior envergadura que reflicte o compromiso deste grupo municipal co comercio local a través da modernización do mercado municipal, dixitalización do comercio local e aposta polos produtores locais ou km0. A praza de abastos ten un papel fundamental como motor do comercio local e con esta reforma preténdese que siga sendo “a praza de toda a vida”  aportándolle melloras á súa arquitectura e á súa accesibilidade. Ademais, búscase atender dunha mellor forma aos consumidores ampliando a  variedade da oferta, mellorando a experiencia de compra cos novos servizos para a clientela ou a formación para os praceiros/as. Non esquecemos tampouco os novos tempos nos que vivimos, por iso tamén se aplicará o marketing dixital, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a sustentabilidade e a economía circular. Á vez que isto tamén supón facer da praza un lugar de encontro para a veciñanza, aproveitar unha praza pública para o desfrute de todos así como seguir diversificando o gran potencial turístico da nosa cidade para introducir o turismo gastronómico e máis atractivo para o país veciño.

Por todo isto, esta é unha oportunidade única para aproveitar a subvención que se nos concede e facer deste edificio municipal unha Nova Praza de Abastos que aumentará o noso orgullo de ser tudenses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí