Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Convocatoria de Pleno extraordinario este xoves en Tui

Xoves día 30 de xuño ás 20:00 horas

Xoves día 30 de xuño ás 20:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO EXTRAORDINARIO
Considerando que a actual evolución na contención da pandemia non exime aos poderes públicos o seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á proteción da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado.
Considerando o disposto nas Directrices sobre o uso das máscaras na Comunidade Autónoma de Galicia, de data 25.04.2022, elaboradas pola Consellería de Sanidade, punto 4, relativo aos “Ámbitos e situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara”, nos seus apartados 2 e 3.
Considerando que a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, en liñas xerais, mellorou nos últimos meses, a actual situación permite a celebración dos plenos en sesións públicas, se ben establécese un aforo do 50%, co fin de manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros recomendada nas Directrices sobre o uso das máscaras na Comunidade Autónoma de Galicia, de data 25.04.2022. Así mesmo, recoméndase o uso da máscara de forma constante e que o público asistente permaneza sentado, de acordo coas recomendacións recollidas nas Directrices da Consellería de Sanidade antes mencionadas.
Sen prexuízo do anterior, a publicidade da sesión plenaria e a debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal (á que se poderá acceder a través da páxina web do Concello de Tui), e a publicación da sesión plenaria na mesma, así como permitindo o acceso de medios de comunicación.
Dada a necesidade de tratar sen demora os asuntos incluídos na convocatoria, esta Alcaldía, de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, RESOLVE:
PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro xoves día 30 de xuño ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello e con carácter público, se ben cun aforo do 50%, co fin de manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, motivada na necesidade de tratar asuntos que non admiten demora e resolver os puntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Expediente 1049/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 18/2022 - Suplemento de Crédito 3/2022.
2º.- Expediente 1017/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 19/2022 - Crédito Extraordinario 2/2022.
3º.- Expediente 1350/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 26/2022 - Suplemento de Crédito 4/2022.
4º.- Expediente 1351/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 27/2022 - Crédito Extraordinario 3/2022.
5º.- Expediente 1352/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 28/2022 - Suplemento de Crédito 5/2022.
6º.- Expediente 1353/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 17/06/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 29/2022 - Crédito Extraordinario 4/2022.
7º.- Expediente 1332/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 23/06/2022, de aprobación do expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 3/2022.
8º.- Expediente 1267/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 23/06/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 20/06/2022, para solicitar á Consellería de Educación autorización administrativa previa á desafectación do edificio público escolar Unitaria de Caldelas-Baños do CRA Mestra Clara Torres.
9º.-Expediente 795/2020. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 23/06/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 14/06/2022, relativa ao cambio de uso do equipamento de sistemas xerais EQ 210 polo uso como servizo público.
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.
TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí