Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Convocatoria de Pleno Ordinario este xoves en Tui

Xoves día 28 de setembro ás 20:00 horas

Xoves día 28 de setembro ás 20:00 horas

Fecha: 28 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

"RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO
 
Resolución da Presidencia do órgano colexiado mais arriba mencionado, pola que se convoca sesión de carácter ordinaria.

De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía, RESOLVE:

PRIMEIRO.- Convocar á Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 28 de setembro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº7, de 27 de xullo.
2º.- Toma de posesión de Dona María Jesús Da Silva Fernández á vista da Credencial remitida pola Xunta Electoral Central.
3º.- Expediente 2236/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de designación festivos locais 2018.
4º.- Expediente 928/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de designación vogal mesa contratación contrato limpeza viaria.
5º.- Expediente 2233/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de adhesión ao convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.
6º.- Aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2016 así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma.
7º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:
8º.- Disposicións de interese.
9º.- Dación de conta das resolucións dende a nº 2017-0907 de 21/07/2017 ata o nº 2017-1203 de 22/09/2017.
10º.- Dación de conta da modificación da composición das Comisións Informativas, de acordo cos escritos presentados polos voceiros de grupos políticos municipais Partido Popular (RE nº 1891 de 28/08/2017) e Ciudadanos Tudenses (RE nº 7918 de 29/08/2017).
11º.- Dación de conta dos escritos de incorporación da concelleira Yovana Velánzquez Torres ao grupo municipal do Partido Popular (RE 7892 de 28/08/2017) e o concelleiro Andrés Urseira González ao grupo municipal Ciudadanos Tudenses (RE 7917 de 29/08/2017).
12º.- Dación de conta de Resolución de Alcaldía do 18/08/2017 pola que se aproba as liñas fundamentais do Orzamento Xeral deste concello para o exercicio 2018.
13º.- Dación de conta de informe execución trimestral das entidades locais, segundo trimestre exercicio 2017, de conformidade coa Lei Orgánica 2/2012.
14º.- Dación de conta de informe de morosidade, segundo trimestre exercicio 2017, de conformidade coa Lei 15/2010 así como periodo medio de pago global a proveedores, segundo trimestre exercicio 2017, de conformidade co Real Decreto 635/2014.
15º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía de levantamento de reparos interpostos pola Intervención municipal, durante o exercicio 2016, para dar cumprimento ao establecido no artigo 218 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

C).- Rogos e preguntas:
16º.- Rogos e preguntas.
SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso."



Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones