Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Convocatoria de Pleno Ordinario este xoves en Tui

Xoves día 28 de xullo ás 20:00 horas

Xoves día 28 de xullo ás 20:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro xoves día 28 de xullo ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello e con carácter público, se ben cun aforo do 50%, co fin de manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores núm. 4/2022 do 26/05/2022 e núm. 5/2022 do 30/06/2022.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).

3º.- Expediente 1547/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 18/07/2022, relativa a establecer o límite máximo de gasto non financeiro nos orzamentos iniciais do 2022 e aprobación inicial do proxecto de Orzamento Municipal do Concello para o exercicio 2022.

4º.- Expediente 178/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 20/06/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta en edificio catalogado" no inmoble sito na rúa Bispo Lago, 4.

5º.- Expediente 1136/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 20/06/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta en edificio catalogado" no inmoble sito na rúa Seixas, 10.

6º.- Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte de data 21/07/2022, favorable á moción sobre o control dos apartamentos e vivendas turísticas presentada polo Sr. Alonso Álvarez, do Grupo Mixto.

7º.- Expediente 1566/2022. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 21/07/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Ensino e Cultura, de data 19/07/2022, de concesión a D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo, da medalla de honra do Concello de Tui na súa categoría de ouro.

8º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control:

9º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de xuño e xullo de 2022.

10º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 785, de 23/05/2022 ata o núm. 1075, de 21/07/2022.

C) Rogos e preguntas:

11º.- Rogos e preguntas.

SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.

TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí