Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Convocatoria Pleno Ordinario en Tui para este xoves ás 20 h

xoves día 24 de novembro ás 20:00h

xoves día 24 de novembro ás 20:00h

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 8/2022 de data 29/09/2022.
2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).
3º.- Expediente 2176/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 27/10/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "confortabilidade, salubridade e accesibilidade" no inmoble sito na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 4 – 6.
4º.- Expediente 2182/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 11/11/2022, de desestimación da concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento, reposición e instalación da sinalización da Senda dos Muíños do Tripes" sitas en Muíños da Senda do río Tripes.
5º.- Expediente 2183/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 11/11/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento do tellado no Muíño da Pousa" sitas en Muíños do río Tripes.
6º.- Expediente 2385/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 10/11/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de solado interior de planta baixa" no inmoble sito na rúa Pracer, 18.
7º.- Expediente 1788/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 10/11/2022, de aprobación do Plan Estratéxico de Subvención do Concello de Tui para o período 2022-2023-2024.
8º.- Expediente 2043/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 05/11/2022, de resolución de recursos de reposición contra o acordo plenario de 26/05/2022 sobre solicitudes de revisión do “Inventario de bens e dereitos municipais/Inventario de vías e camiños municipais..
9º.- Expediente 560/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 05/11/2022, de resolución da alegación e aprobación definitiva da rectificación do “Inventario de bens e dereitos municipais/Inventario de vías e camiños municipais”/rectificación do camiño PE-01042.
10º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 14/11/2022, de resolución dos recursos de reposición presentados contra a aprobación definitiva da modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui por acordo plenario do 30/09/2021.
11º.- Expediente 2484/2022. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 17/11/2022, favorable á proposta do concelleiro delegado de Deporte, de data 11/11/2022, relativa ao cambio de nome do Centro Municipal de Remo de Tui, sito na rúa Olímpicos Tudenses, s/n, pasando a chamarse “Centro Municipal de Remo José Luís Méndez.
12º.- Expediente 2027/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 14/11/2022, relativa á resolución de alegacións e aprobación definitiva da renumeración dos inmobles do termo municipal e actualización do padrón de habitantes.
13º.- Expediente 2416/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 17/11/2022, favorable á proposta de alcaldía, de data 15/11/2022, relativa ao acordo para a Constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.
14º.- Mocións de urxencia.
B) Actividade de control:
15º.- Expediente 2378/2022. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2022 - 3º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.
16º.- Expediente 2377/2022. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP a provedores - 3º trimestre 2022.
17º.- Expediente 2395/2022. Dación de conta do Decreto de aprobación do custe efectivo dos servizos no Concello de Tui no exercicio 2021.
18º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de outubro e novembro de 2022.
19º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 1382, de 26/09/2022 ata o núm. 1734, de 18/11/2022.
C) Rogos e preguntas:
20º.- Rogos e preguntas.
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.
TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.
CUARTO.- Considerando o Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, e de acordo coas Directrices sobre o uso de máscaras na Comunidade Autónoma de Galicia, de data 25/04/2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recoméndase o uso de máscara ao público asistente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí