Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís analizou co grupo de goberno de Tui as demandas do concello en relación á administración autonómica

O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a este concello con motivo do seu nomeamento

O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a este concello con motivo do seu nomeamento

Fecha: 07 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou o pasado luns unha visita institucional ao concello de Tui onde mantivo unha entrevista co seu alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro Miguel Capón, os quen lle transmitiron as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

O delegado territorial continúa así, tras tomar posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos dependentes da Delegación Territorial de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.

Entre as principais necesidades que demandou o Grupo de Goberno de Tui ao delegado territorial atópanse cuestións relacionadas coas infraestruturas e o urbanismo.

El alcalde de Tui interesouse polos avances no enlace do polígono de Areas, proxecto que, tal e como lle trasladou Cores Tourís, atópase moi avanzado. Neste punto conflúen a futura VAC á Guarda, a autovía A-55 que enlaza Vigo con Portugal, a N-551 que une Tui coa Ponte Internacional e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño e conecta o polígono empresarial.

Tamén expuxo o rexedor a necesidade de que se axilice a execución da rotonda de acceso á Edar de Guillarei, de cara a mellorar a seguridade viaria neste punto, así como que a Consellería de Educación analice a viabilidade da execución dun novo colexio de liña I en Pazo de Reis, toda vez que na anterior lexislatura xa se conseguiran os terreos necesarios para executar esta obra.

Por outra banda, o alcalde asegurou que existe demanda para unha segunda escola infantil nesta localidade, cuestión que manifestou ao delegado para vela súa viabilidade.

Finalmente, Enrique Cabaleiro tamén preguntou pola tramitación do Plan Especial do Conxunto Histórico, transmitíndolle Cores Tourís que a Xunta, a través de Patrimonio, realizou varias alegacións que foron trasladadas ao concello. "Agora agardamos que o municipio dea responsa a estas alegacións e sexas devoltas á Xunta", explicou o delegado territorial.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones