Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís anuncia a aprobación do proxecto do plan de seguridade viaria no entorno da PO-552 en varios tramos de Tui e Tomiño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou o entorno da reitoral de Areas onde se vai construír unha nova glorieta

A obra contará cun orzamento de case 766.000 euros

Fecha: 27 de Agosto de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a PO-552 onde se van a executar obras de seguridade viaria en varios tramos tanto de Tui como de Tomiño, cun investimento global de case 550.000 euros ao que haberá que sumar as expropiacións.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así como do deputado autonómico, Moisés Rodríguez, do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, así como de varios veciños da zona onde se vai a executar esta nova glorieta.

Segundo anunciou Cores Tourís, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da aprobación do proxecto do Plan de Seguridade Viaria de Galicia no entorno da estrada PO-552, dende o punto quilométrico 58+300 ao 61+400, e dende o 68+500 ao 69+900.

"Este proxecto forma parte da estratexia da Xunta de Galicia para actuar en tódolos treitos de concentración de accidentes rexistrados na Rede Autonómica de Estradas", explicou o delegado territorial quen engadiu que durante a información pública desta obra presentáronse varias alegacións de particulares e do propio concello de Tomiño no senso de reducir o impacto da actuación, resolvendo a Consellería de Infraestruturas proxectar unha obra con menos afeccións pero igualmente resolutiva no que a seguridade viaria se refire.

Deste xeito, executarase unha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344 no concello de Tomiño, e mellorarase a intersección do punto quilométrico 69+150 nese mesmo tramo, en Forcadela.

No caso de Tui, o delegado destacou que se executará unha glorieta no lugar que hoxe visitou, no entorno da reitoral de Areas, no punto quilométrico 71, na intersección coa estrada PO-350. Esta rotonda terá un diámetro de 34 metros. Tamén se executarán beirarrúas en varios puntos onde non existen nestes intres, garantindo así a seguridade viaria dos peóns.

O conxunto das actuacións recollidas neste proxecto ascende a 700.000 euros, ao que hai que engadir 66.350 para expropiacións. O proxecto será agora elevado ao Consello da Xunta para que se aprobe o Decreto de utilidade Pública de cara a expropiación dos terreos, e as obras licitaranse a finais de 2019 para ser executadas a comezos de 2020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones