Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CORES TOURÍS ANUNCIOU EN TUI A PUBLICACIÓN DAS AXUDAS PARA ACCESIBILIDADE E SINALIZACIÓN DE RECURSOS TURÍSTICOS NO MEDIO RURAL

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 1,6 millóns de euros destinados a este fin para toda Galicia

Estas subvencións permitirán mellorar o coñecemento de recursos turísticos en espazos naturais así como de praias marítimas e fluviais e bens de interese cultural

Fecha: 19 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Tui para anunciar a publicación hoxe, a través da Axencia Turismo de Galicia, no DOG das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural.

O delegado territorial, que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Moisés Rodríguez, destacou o feito de facer públicas estas axudas no concello do Miño, "ao ser este a porta en Galicia do Camiño Portugués, e por tanto, referente no eido dun dos elementos etnográficos galegos que maior atracción turística concentra, o Camiño de Santiago".

Cores Tourís destacou que o obxecto destas axudas é o fomento da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural. "Deste xeito", explicou o delegado territorial, "poden ser obxecto destas axudas os accesos e sinalizacións a praias marítimas e fluviais, aos bens de interese cultural, así como aos espazos naturais como miradoiros e rotas de sendeirismo, sempre que non se atopen en Rede Natura ou vaian a ser financiados a través das obras do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar".

As actuacións que poden realizar os concellos e que son obxecto destas axudas poden ser a construción, ampliación e mellora de aparcamentos para o acceso a estes recursos; a pavimentacións de pasarelas, ramplas e a eliminación de barreiras arquitectónicas; a construción e rehabilitación das instalacións que contribúan a mellorar as instalacións que permitan a circulación de visitantes e a dotación de equipamentos e a sinalización con información visual e táctil.

Estas axudas contan cun orzamento de case 1,6 millóns de euros para toda Galicia (tendo en conta o IVE que aportarán os municipios beneficiarios), e os concellos poderán presentar proxectos que no superen o importe máximo de 50.000 euros.

O alcalde de Tui, pola súa banda, agradeceu ao delegado a súa presenza en Tui e que elixira esta vila para facer público o anuncio destas axudas, destacando que "estamos xa a traballar para solicitalas, xa que, por exemplo, somos conscientes da importancia de mellorar o entorno da praia de Guillarei para que os veciños poidan gozar dela así como facela máis accesible para as persoas con discapacidade". Tamén está a valorar o concello a posibilidade de solicitar estas axudas para mellorar a sinalización a monumentos e lugares turísticos de interese.

A intensidade da axuda poderá acadar ata un máximo do 100% do custo elixible (IVE excluído) subvencionables por entidade beneficiaria. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader, nun 75%, con fondos do Ministerio de Agricultura nun 12,13%, Alimentación e Medio Ambiente e un 12,87% de fondos propios da comunidade autónoma.

Poden concorrer todolos concellos que teñan algún recurso turístico no ámbito rural, salvo as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí