Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS CLAUSURA O OBRADOIRO DE EMPREGO -DESCUBRE TUI 2015- QUE FORMOU A 20 DESEMPREGADOS

A vila tudense contou nos últimos anos con 3 obradoiros de emprego nos que se formaron en diversas especialidades un total de 78 beneficiarios

A vila tudense contou nos últimos anos con 3 obradoiros de emprego nos que se formaron en diversas especialidades un total de 78 beneficiarios

Fecha: 01 de Marzo de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou na mañá deste Luns na clausura do obradoiro de emprego "Descubre Tui 2015", acompañado do alcalde la localidade, Enrique Cabaleiro.
No acto, que tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial, estivo tamén presente o xefe territorial de Economía, Traballo e Industria, Ignacio Rial.
O obradoiro tivo unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investiu case 180.000 euros, "que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superaron os 200.000 euros", segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos foi preparar a 20 alumnos en deseño de produtos gráficos e promoción turística local e información ao visitante.
O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra recordou que a Xunta de Galicia aposta polos obradoiros "porque fomentan a formación, a inserción laboral e a colaboración cos concellos", polo que no presente ano "continuaremos a traballar neste ámbito cun investimento que supera os 14 millóns de euros para toda Galicia".
O obxectivo dos obradoiros de emprego "é claro: dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente, xa que hai que recordar que no proceso selectivo contan con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración. Non podemos esquecer ademais", engadiu José Manuel Cores Tourís, "que en total son 24 as persoas que grazas a estes obradoiros, obtiveron durante estes meses un posto de traballo, uns formándose e outros formando", en relación á directora-titora, os dous docentes dos cursos e á administrativa.
De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibiron o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. En deseño de produtos gráficos formáranse 10 alumnos, dos cales 4 foron homes e 6, mulleres, e en promoción turística local e información ao visitante outros 10, neste caso todas mulleres.
"Estes programas son un instrumento eficaz para a mellora da empregabilidade porque ofrece formación de calidade e acceso a un emprego", subliñou Cores Tourís. Outras das vantaxes dos obradoiros son a realización de obras e servizos para a comunidade e o fomento da colaboración institucional, xa que estes programas lévanse a cabo coa coordinación da Administración local.
Así, no caso de Tui, o alumnado traballou durante estes seis meses tanto deseñando e implementando contidos gráficos e multimedia nas áreas culturais e turísticas no concello como elaborando unha guía de recursos turísticos do Concello e accións de difusión dos recursos naturais, patrimoniais e etnográficos propios.

O alcalde da localidade agradeceu a colaboración da Xunta para a posta en marcha deste obradoiro e engadiu que "permitirá contar con persoal preparado e formado nun eido esencial do municipio como é o do turismo".
Cores Tourís recordou aos alumnos que agora "comeza unha nova etapa, a de buscar un posto laboral, para o cal contan xa cunha importante formación, especialmente relativa ao sector turístico". Neste senso, o delegado territorial insistiu que "non podemos esquecer a importancia que neste eido ten precisamente Tui, xa que estamos a falar dun municipio cun importante casco histórico e punto de partida en Galicia do Camiño Portugués, un camiño que está a rozar récord de peregrinos, agardando que se chegue este ano aos 40.000, o que ven a evidenciar a importante labor de promoción desta vía que está a realizar o Goberno de Núñez Feijoo".
Obradoiros como o de Tui desenvolvéronse nos pasados meses en varios concellos de Pontevedra, onde se investiron 3,2 millóns de euros, o que permitiu desenvolver 20 obradoiros e beneficiar a case 500 persoas. No caso do concello tudense, dende 2009, leváronse a cabo 3 obradoiros, cun investimento global por parte da Xunta de case 700.000 euros e un total de 91 beneficiarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones