Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís clausura o obradoiro -Percorre Tui- no que se formaron 20 desempregados en promoción turística e páxinas web

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que a administración autonómica está a destinar preto de 135 millóns de euros para mellorar a cualificación de case 16.800 persoas desempregadas a través de 1.100 cursos que se levarán a cabo entre 20

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que a administración autonómica está a destinar preto de 135 millóns de euros para mellorar a cualificación de case 16.800 persoas desempregadas a través de 1.100 cursos que se levarán a cabo entre 20

Fecha: 30 de Agosto de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, clausurou esta mañá que o obradoiro "Percorre Tui" no que se formaron 20 desempregados deste concello en promoción turística e en configuración de páxinas web.

No acto, o delegado territorial, estivo acompañado do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

O obradoiro de Tui contou con 20 alumnos e unha achega da administración autonómica de 288.807 euros. Estivo centrado en promoción turística local e información ao visitante así como en configuración e publicación de páxinas web, polo que os alumnos realizaron prácticas levando a cabo labores de creación de varias rutas que unan as parroquias do concello de Tui que tomaron como eixe o Camiño de Santiago, así como na realización dunha páxina web para a proxección do estudo e das rutas que se elaboraron na outra especialidade.

A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes puideron combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro: "Tratamos así de combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral", explicou Cores Tourís. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

Os obradoiros duais forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo o delegado territorial, esta é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así, o Goberno galego inviste este ano 135 millóns de euros en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, con cursos que se adapten aos novos perfís profesionais e ás demandas e necesidades reais do tecido empresarial.

"Con estes obradoiros cumprimos un dobre obxectivo: obter unha maior empregabilidade dos nosos desempregados e facilitar a recuperación do patrimonio cultural e paisaxístico", engadiu José Manuel Cores Tourís.

O delegado territorial recordou que xa son 4 os obradoiros aprobados dende o ano 2013 en Tui, "o que supón un investimento en formación por parte da Xunta de Galicia que rolda o millón de euros".

En total, na provincia de Pontevedra desenvolvéronse no presente ano 26 obradoiros, 18 duais e 8 dirixidos a mozos de menos de 25 anos, nos que participaron 487 alumnos. No caso dos obradoiros duais, a novidade foi a combinación dun contrato de formación e de aprendizaxe durante nove meses. O investimento na provincia para obradoiros rondou os 6,4 millóns de euros.

Compre lembrar que a Administración autonómica está a destinar preto de 65 millóns de euros para mellorar a cualificación de case 16.800 persoas desempregadas a través de 1.100 cursos que se levarán a cabo entre 2019 e 2020. En canto aos obradoiros de emprego, entre 2019 e 2020 levaranse a cabo 80 programas mixtos de formación e emprego a través dos cales 1.500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones