Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Cores Tourís comproba o remate dos traballos de execución da nova glorieta de Guillarei en Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que esta obra contou cun orzamento de case 316.400 euros por parte da Consellería de Infraestruturas que deste xeito mellorou a seguridade viaria nun tramo da PO-404 con pouca visibilidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que esta obra contou cun orzamento de case 316.400 euros por parte da Consellería de Infraestruturas que deste xeito mellorou a seguridade viaria nun tramo da PO-404 con pouca visibilidade

Fecha: 07 de Agosto de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a nova glorieta de Guillarei no concello de Tui, executada pola Consellería de Infraestruturas para dar solución a un tramo con pouca visibilidade da PO-404.

Na visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Enrique Cabaleiro, do xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra, José Luis Díez, así como do deputado Moisés Rodríguez e do portavoz do PP na localidade, José Ángel Fernández.

A obra, situada no punto quilométrico 1+900 e rematada recentemente, contou cun orzamento de case 316.400 euros, e supuxo a construción dunha rotonda nunha zona moi demandada polos veciños, xa que se trata dun punto perigoso que necesitaba unha solución de mellora da seguridade viaria, ao ser, ademais, acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei. A área de actuación contou cunha intersección en T co vial de acceso á Edar, sen carrís de espera nin de incorporación, nun tramo con escasa visibilidade. "Deste xeito, evitamos agora xiros á esquerda e reordenamos o tráfico, mellorando así a seguridade viaria", explicou o delegado territorial.

A glorieta conta cun diámetro exterior de 32 metros, unha coroa central de 12, permite a continuidade dos itinerarios peonís o que mellora o acceso de peóns e ciclistas, cun ancho de dous metros e medios, pavimentación con capa de rodaxe, adoquinado e formigón no illote interior da glorieta, ampliación da platafomra da estrada, iluminación, sinalización, balizamento e defensas.

Os viais de acceso teñen un ancho mínimo de 4 metros, dando continuidade aos que xa existían antes, e as beiravías pasan a ter un metro de ancho. A glorieta adaptou a súa rasante á calzada existente e en planta situouse de tal xeito que non afectou a muros nin a peches de fincas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí