Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS COÑECEU AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA DE GRANITOS EUROCKP DE TUI

A Xunta colabora con esta empresa a través de varias liñas de axudas, tanto da Consellería de Economía e Industria como de Medio Ambiente

Esta firma invitou ao delegado territorial para mostrarlle as novas obras que está a realizar para a instalación dun novo sistema de corte da pedra no que se investirán 1,5 millóns de euros

Fecha: 14 de Enero de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na mañá  de onte a empresa Eurockp de Tui para coñecer as súas instalacións onde se va a levar a cabo un investimento de cerca de 1,5 millóns de euros para a instalación dun novo sistema de corte da pedra.
Nesta visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Moisés Rodríguez, o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, así como polo xerente da firma, Luis Corrales e a directora financiera, Alba Novoa.
O delegado territorial destacou as diferentes axudas coas que a Xunta, a través das consellerías de Economía e Industria e de Medio Ambiente, colaborou con esta empresa co obxectivo de mellorar a súa produción e tamén a calidade do produto, "de cara a potenciar a súa exportación".

Deste xeito, segundo apuntou Cores Tourís, para a posta en marcha deste novo proxecto de corte e pulido de granito, a empresa tudense obtivo axudas tanto do IGAPE como do INEGA para a súa posta en marcha. En concreto, por parte do IGAPE foron destinadas a Eurockp cerca de 70.000 euros, mentres que o INEGA aprobou unha axuda de 187.000 euros, "aínda que solicitamos á Xunta unha ampliación do prazo de xustificación desta última aportación, xa que non conseguimos que a maquinaria chegara a tempo para a súa xustificación en 2014. Agardamos que poidamos conseguir esa moratoria e contar con esta axuda", explicou, pola súa banda Luis Corrales.

O obxectivo destes traballos é a posta en marcha dun novo sistema que permite o corte do granito a través de fío de diamante, "un tipo de traballo que, ata o de agora, ningún executou no noso entorno".

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta recordou que a administración autonómica está a deseñar a estratexia de internacionalización 2020 "que prevé incrementar as exportacións galegas en máis dun 25% ata superar os 23.000 millóns en tódolos sectores".

Cores Tourís recordou que a meta que persegue a Xunta de Galicia con este plan é que as exportacións galegas acaden o 40% do PIB no ano 2020. "O ano pasado, as exportacións galegas continuaron a acadar récords históricos", explicou o delegado territorial, "polo que dende a administración autonómica continuaremos a traballar cos diferentes axentes económicos de Galicia, co obxectivo de consolidar o traballo realizado ata o de agora, facendo dos mercados exteriores un motor de crecemento e baseándonos en cinco eixos de actuación: o fomento da cultural da internacionalización; o incremento da presenza en mercados internacionais; a atracción de investimentos; a consolidación da marca ‘Galicia Calidade e a unidade de acción de axentes, pemes e entidades financeiras".

Outros proxectos de innovación
Eurockp é unha empresa de capital maioritariamente suízo, fundada en 1995 e especializada na transformación e comercialización de granito natural, serrado e corte a medida, que conta con 57 traballadores e unha facturación anual duns 13 millóns de euros.
"Contamos co coñecemento, dedicación e experiencia dun gran equipo humano, así como coas instalacións e medios tecnolóxicos máis avanzados, o que nos permite acadar o máximo nivel de exixencia que nos solicitan os nosos clientes", explicou Luis Corrales.
A compañía conta cunha clara vocación exportadora e presenza nos cinco continentes. "Somos líderes na fabricación de taboleiro de granito", engadiu o xerente da firma. Elabora principalmente taboleiro de granito, pero tamén aplicacións interiores como encimeras, baños ou chans, e exteriores, como fachadas ou pavimentos.
A súa ubicación en Tui é "excepcional" xa que é un enclave estratéxico preto das principais canteiras de granito español e portugués e a tan só 25 quilómetros do porto de Vigo. "Somos un referente para a industria granitera, non só polo nosa gran capacidade para a estiba de bloques de granito procedentes de tódolos países, senón tamén pola nosa elevada versatilidade e competitividade para a carga de contedores".
Na actualidade produce 650.000 metros cadrados ao ano de serrado, "que é onde iniciamos o noso proceso produtivo. Nestas instalacións recibimos e efectuamos o primeiro control de calidade dos bloques procedentes de canteiras de diversas partes do mundo, combinando a máis avanzada tecnoloxía coa ampla experiencia do noso persoal", engadiu Corrales.
Eurockp ofrece diversos acabados de superficie e conta con modernas liñas de pulido de fabricación italiana, "obtendo así os mellores acabados".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones