Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CORES TOURÍS COÑECEU UNHA EXPLOTACIÓN DE KIWI DE TUI, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

O empresario acolleuse a unha axuda da administración autonómica de case 22.000 euros para a incorporación de mozos a actividades agrarias

O empresario acolleuse a unha axuda da administración autonómica de case 22.000 euros para a incorporación de mozos a actividades agrarias

Fecha: 30 de Abril de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Tui para coñecer a explotación de kiwi instalada na parroquia de Vilapouca e que conta cunha axuda da Consellería de Medio Rural e Mar de case de 22.000 euros en total.

O delegado territorial foi invitado a coñecer esta nova iniciativa empresarial do municipio polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, e o dono da explotación, Mijail Ghanime.

Tal e como explicou o responsable da iniciativa a Cores Tourís, o obxectivo da subvención que recibiu por parte de Medio Rural e do Mar foi a mellora da vivenda da explotación, na que levou a cabo traballos de encintado e pintado, renovación de portas e fiestras, instalación dunha estufa, así como a reforma das vigas e da cuberta por un total de 20.000 euros.

Ademais, a maiores tamén levou a cabo a compra de maquinaria (fresadora, desbrozadora, equipo de fertilización e de tratamentos fitosanitarios), investindo 10.500 euros, dos cales case 2.000 foron aportados a través da mesma subvención da administración autonómica.

Ademais, tamén conta cun plan de mellora da explotación que se atopa situada en Vilaboa de Tui e conta cunha extensión de 1,72 hectáreas. Mijail Ghanime fíxose cargo dunha explotación preexistente, tendo xa algo de experiencia no sector agrario, xa que puxo en marcha unha pequena granxa de ovino-caprino en 2008 e é enxeñeiro agrónomo.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, puxo esta iniciativa como exemplo dos novos emprendedores que apostan polo medio rural. Recordou que as subvencións as que se acolleu esta nova explotación teñen por obxectivo "fomentar a modernización e ampliación das instalacións agrogandeiras de Pontevedra e impulsar a incorporación de mozos ao medio rural"

"Sinto unha enorme satisfacción ao atoparme xente como Mijail Ghanime, que aposta polo futuro do rural e polo sector agrogandeiro. Este tipo de iniciativas contan con todo o apoio por parte da Xunta de Galicia", engadiu Cores Tourís, destinando así axudas para 11 explotacións e 30 mozos na provincia de Pontevedra. Con estas achegas "actúase de xeito importante na modernización das instalacións do sector agrícola", promovendo deste xeito "o desenvolvemento da actividade económica no rural da provincia".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí