Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CORES TOURÍS LAMENTOU AS FALSAS ACUSACIÓNS DO PSOE EN RELACIÓN A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO CENTRO DE SAÚDE DE TUI

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra insistiu en que os traballos estanse a executar seguindo o prazo establecido e que as empresas só pararon os días que marca o convenio da Construción polas festas do Nadal

Tourís recordou que a administración autonómica é consciente da importancia desta obra para a localidade de Tui e agradeceu novamente o alcalde da localidade a súa aposta por sacar adiante este proxecto

Fecha: 10 de Enero de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, lamentou esta mañá as acusacións vertidas pola deputada Carmen Gallego do PSdG-PSOE en relación as obras do centro de saúde de Tui.

Cores Tourís insistiu en que é "completamente falso" que estas obras estean paralizadas e recordou que os traballadores da UTE que se encarga da execución desta infraestrutura sanitaria "só pararon para cumprir os días de descanso que marca o convenio da Construción polas festas do Nadal".

"Nestes intres, estase a traballar con total normalidade executando os movementos de terra na parcela", engadiu o delegado territorial, quen recordou que as dúas empresas que se fixeron cargo desta obra, a Unión Temporal de Empresas FCC+Taboada e Ramos, "son firmas solventes que teñen capacidade para cumprir o seu compromiso de entrega desta infraestrutura, en decembro de 2015".

"A finais de novembro estivemos en Tui levando a cabo a acta de repranteo das obras xunto ao alcalde da localidade, a quen naquel momento felicitei pola súa aposta por sacar adiante este proxecto que é xa unha realidade. Agora o volvo a facer, porque dende a administración autonómica somos conscientes da importancia da execución desta infraestrutura para os veciños desta localidade", matizou o delegado territorial, quen asegurou que "esta é a razón pola que non entendo que dende o PSOE se estea a mentir á cidadanía. É moi grave que se minta sabendo que a situación de execución da obra é de normalidade, buscando así xerar un problema onde non o hai".

O delegado territorial tamén agradeceu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao Sergas e a consellleira de Sanidade, Rocío Mosquera, a súa labor para que "esta obra sexa unha realidade".

Finalmente, Cores Tourís aproveitou tamén para recordar que "non deben esquecer os socialistas que cando estiveron no poder na Xunta de Galicia non fixeron nada polo concello de TUI, polo que parece que agora lles molesta que sexa o actual Goberno autonómico, quen saque adiante este centro de saúde, nun lugar estratéxico como o elixido e dotando o municipio ademais doutros servizos como será un parking subterráneo e unha zona de ocio e lecer".

A construción do centro de saúde de Tui, cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conta cun orzamento de 4,1 millóns de euros e un prazo de execución das obras de 14 meses.

O centro de saúde de Tui, que poderá atender a unha poboación de máis de 18.000 persoas e terá unha superficie construída de máis de 3.500 metros cadrados, contará con 22 consultas na área de medicina xeral, 4 na área de pediatría, unha área destinada a matrona e educación maternal, unha área de odontoloxía, outra de fisioterapia e salas polivalentes. Na área de administración disporase dun arquivo, almacéns e outros servizos comúns. Terá, ademais, un Punto de Atención Continuada con sala de raios X e cunha zona de consultas e de observación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí