Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS TRASLADA AOS RESPONSABLES DA CÁMARA DE COMERCIO DE TUI AS ESTRATEXIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN E COMPETITIVIDADE DA XUNTA DE GALICIA

O delegado territorial visitou o ente cameral para animar aos empresarios tudenses a saír aos mercados estranxeiros

Recordou que a administración autonómica puxo en marcha a Axenda da Competitividade Industrial e a axenda Galicia-Industria para modernizar e dinamizar as empresas e firmas galegas

Fecha: 11 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a Cámara de Comercio de Tui onde mantivo un encontro cos responsables da mesma para trasladarlle as estratexias de internacionalización e competitividade da Xunta de Galicia. Na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.

Cores Tourís recordou que en relación á estratexia de internacionalización da Xunta de Galicia, o obxectivo é destinar 50 millóns para facer das exportacións un motor de emprego e crecemento empresarial, "consolidando así a recuperación económica".

Entre os obxectivos do plan, explicou o delegado territorial, atópase o aumento do número de empresas exportadoras en máis dun 25% e o incremento da participación da exportacións no PIB galego ata o 40%.

"Esta iniciativa englóbase no marco da Axenda da Competitividade Industrial Galicia Industria", engadiu Cores Tourís. "A través desta iniciativa promoverase a formación en idiomas de contido comercial, activarase un programa de mentorización e tutelaxe das grandes empresas galegas implantadas con éxito en mercados exteriores e activaranse catro antenas comerciais en Perú, Dubai, Canadá e Alemaña".

Tamén se porán en marca 12 plans operativos sectoriais específicos para as áreas estratéxicas da economía galega: agro-industria, mar-industria, naval, automoción, pedra natural, enerxías e téxtil, entre outras. "O Igape será o encargado de definir, coordinar e realizar un seguimento continuo destas políticas de internacionalización", matizou pola súa banda o xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.

Ademais, Rial tamén destacou a axenda para a modernización da industria galega que ten como obxectivo crear 50.000 empregos ata o ano 2020. "A través de 5 eixos de actuación e 60 medidas específicas a axenda Galicia-Industria 4.0 busca potenciar unha industria competitiva, diferenciada e xeradora de emprego de calidade, modernizando a industria a través da innovación e establecendo novas fórmulas de produción e fabricación de produtos diferenciados", explicou o xefe territorial.

Entre as principais medidas que recolle a Axenda destacan as facilidades promovidas para o acceso ao solo industrial, cunha baixada no custo do metro cadrado de solo industrial, así como a activación de novos programas de financiamento entre os que destaca unha liña de apoios que priorizará os proxectos orientados cara a fábrica intelixente.

Gumersindo Alonso, presidente da Cámara de Comercio de Tui, agradeceu a visita do delegado territorial para explicar as novas políticas de desenvolvemento empresarial da Xunta, destacando que "xa recibimos varias solicitudes de empresarios para coñecer estas iniciativas. O importante é que os nosos empresarios comecen a perdelo medo de saír ao estranxeiro e de estar nos mercados e países que máis lles interesa, en especial tendo en conta que os nosos principais motores económicos nesta comarca son o automobilístico, a hortifloricultura, o granito e o sector vitivinícola".

Para Alonso, a Xunta de Galicia "tivo un gran éxito con estas iniciativas, en especial, tendo en conta que os plans xurdiron dunha política de diálogo e colaboración cos axentes implicados e con tódolos sectores".

O presidente da Cámara de Comercio de Tui aproveitou a visita do delegado territorial para trasladarlle varias das demandas dos empresarios e comerciantes de Tui. Deste xeito, destacou a necesidade de solucionar o nó de acceso ao polígono de Areas así como o cambio de usos do mesmo para a potenciar a venda de parcelas, así como unha mellora na conservación e mantemento dos polígonos de As Gándaras e As Granxas e a gratuidade do tramo da AP-9 ata Porriño, "de cara a que ese pequeno tramo sexa máis usado, dando vida ao entorno". A maiores tamén solicitou o apoio da Xunta ao plan de viabilidade da Cámara tudense.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones