Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Correos presenta en Tui a súa web sobre o Camiño de Santiago

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a Correos por esta iniciativa, que contribúe tamén á promoción do Camiño Portugués.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a Correos por esta iniciativa, que contribúe tamén á promoción do Camiño Portugués.

Fecha: 01 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tui

Correos presentou en Tui a súa web www.elcaminoconcorreos.com na que se recolle información detallada de cada unha das etapas que conforman o Camiño Portugués a Santiago dende Tui ata Compostela. Amais do trazado de cada etapa, tamén oferta información sobre albergues e outros aloxamentos así coma dos teléfonos de interese. Nesta web Correos informa dos servizos que presta ao peregrino coma transporte de mochilas en cada etapa, de bicicletas ata o lugar de partida ou dende a Santiago ata o lugar de orixe, entre outros.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director de zona de Correos, Ángel Pérez, e do xefe de reparto da oficina de Tui, Francisco López.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a Correos por esta iniciativa, que contribúe tamén á promoción do Camiño Portugués. Destacou, nunha nova ocasión, a importancia que o Camiño Portugués ten en e para Tui salientando que é "un dos elementos que nos singulariza".

O director de zona de Correos, Ángel Pérez, que este mesmo domingo comezará en Tui o Camiño Portugués a Santiago, explicou que a web non vai so dirixida aos peregrinos senón tamén a todos aqueles establecementos que ofertan servizos aos peregrinos. Trátase de facer máis cómodo o camiño ao peregrino e ao tempo de ofrecer un valor engadido. O xefe de reparto de Tui Francisco López, lembrou que na Oficina de Correos contan cun mataselos especial da Catedral para selar a credencial do peregrino, e constatou que cada vez se rexistra maior demanda no transporte de mochilas por etapas, que de Tui a Santiago ten un prezo de 24€.

A web www.elcaminoconcorreos.com recolle tamén en cada etapa o consello dos carteiros locais. No caso de Tui Mª José Uris recomenda aos peregrinos a visita ao Parque Natural do Monte Aloia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones