Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Danza e humor danse a man no espectáculo -Sofá-, este xoves no Auditorio de San Benito da Guarda

A peza, apta para tódolos públicos, é unha comedia que fala da rutina diaria a través das artes do corpo e movemento

A peza, apta para tódolos públicos, é unha comedia que fala da rutina diaria a través das artes do corpo e movemento

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

A bailarina Marta Alonso e o cómico Pablo Reboleiro únense na novidosa comedia "Sofá", que nos fala da rutina diaria a través das artes do corpo e movemento e que chega na xornada deste xoves día 14 de xullo ás 20:30h ao Auditorio de San Benito da Guarda.

O espectáculo, apto para todo tipo de públicos e idades, fala dunha parella e do seu sofá, ese lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais nun mundo cun traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento. Motivos polos que Pablo e Marta están enfermos de cansazo e aburrimento, pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar.

O sofá, que comeza a función no chan, irase elevando a varios metros de altura, segundo se vai elevando o ritmo do espectáculo. A través da escolla desta proposta, A Guarda fará a súa pre-estrea de teatro e danza realizados en espazos non convencionais.

A peza forma parte da programación MIÚDO VERÁN, que cada xoves presenta ante o público guardés unha cita cultural pensada para gozar en familia. De entre as propostas desta programación esta vai dirixida ao público xuvenil e adulto pola temática abordada, aínda que poden acudir acompañados dos mais pequenos que poderán rir coas ocorrencias de Pablo e a danza de humor.

"Sofá" e Marta Alonso Tejada

Marta Alonso Tejada leva mais de 15 anos adicada á danza e as artes escénicas, liderando diferentes proxectos entre o ballet clásico, a danza actual, a danza en movemento e o teatro. No 2020 monta a súa propia compañía co proxecto Bailar Agora, que unifica danza, humor e teatro e agora nos presenta este novo espectáculo na mesma liña e pensado para espazos non convenicionais.

Sofá foi creado en residencia artística no Concello de Outes, no que realizou a súa estrea no pasado mes de maio. Esta semana terá a súa “posta de largo” no MIT RIBADAVIA (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia), pero antes recalará na Guarda buscando eses espazos alternativos ás salas teatrais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí