Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

David Regades e Carmela Silva destacan, dende Madrid, que -a mellor España só é posible cun presidente de avance, como Pedro Sánchez-

Regades subliña que fronte a un Feijóo que promete un millón de empregos, Pedro Sánchez pode dicir que xa creou dous millóns

Regades subliña que fronte a un Feijóo que promete un millón de empregos, Pedro Sánchez pode dicir que xa creou dous millóns

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

A presentación do programa electoral do PSOE para as próximas Eleccións Xerais contou coa presenza da candidatura socialista da provincia de Pontevedra. Na capital de España estiveron os números 1 ao Congreso, David Regades, e ao Senado, Carmela Silva, ademais do candidato Luis López Bueno e a candidata Verónica Pichel.

Carmela Silva definiu o documento como “un programa cheo paixón, convicción e ilusión” que se contrapón ao PP do retroceso da man de Vox. Unha aposta por baixar o paro ata o 8% seguindo a estela do traballo feito por Pedro Sánchez nos últimos 5 anos nos que conseguiuse pasar de 19 millóns de persoas empregadas a 21 millóns. Este dato foi tamén resaltado por David Regades ao destacar que Feijóo promete crear un millón de empregos en España “cando Pedro Sánchez pode dicir que xa creou dous millóns de empregos”.

 

Parques eólicos

A aposta pola transición ecolóxica e a loita contra o cambio climático impregnan o programa socialista, destacou Carmela Silva, quen puxo en valor que o PSOE defende que os municipios teñan máis poder de decisión sobre a situación dos parques eólicos e que o 10% dos  beneficios que xeren estas instalacións queden directamente no territorio, xerando economía e emprego para a veciñanza. Ademais, puxo en valor a aposta pola Igualdade, tanto no ámbito público como privado.

O PSOE, continuou Carmela Silva, defende, ademais, que as pensións suban o IPC tódolos anos e que o Goberno se comprometa a depositar 5.000 millóns anuais na “ucha das pensións” para que non se repita o seu baleirado, como sucedeu durante o Goberno Rajoy. “A mellor España é posible cun presidente de avance, como Pedro Sánchez”, concluíu.

David Regades afirmou que este é o programa da ilusión e o futuro. O programa do emprego, do crecemento económico e da utilización dos fondos europeos para transformar o noso sistema produtivo. “Estamos creando un emprego que cada vez ten máis calidade, altamente tecnolóxico, e este vai ser o eixe fundamental das políticas do PSOE para os próximos catro anos”. Contrapuxo esta oferta coa dun PP que carece de proxecto económico e que nin sequera se atreve a dicirnos quen serán os seus responsables económicos e do que só sabemos que pretende poñer a Abascal como vicepresidente e presidente en funcións.

O número 1 ao Congreso fixo un chamamento ao voto útil e apelou aos que no pasado votaron ao PP “pensando que era un partido moderado” e agora séntense enganado, así como aos que optaron por outras forzas progresistas e temen que o seu voto se perda ao non obter representación. “A alternativa de progreso é o PSOE”, concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí