Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP aposta por mellorar a xestión, facer unha política fiscal axeitada, reverter os impostos e mudar unhas contas que tenden cara o déficit e a débeda

Pedro Puy presentou o programa económico dos populares na Cámara de Comercio de Tui.

Pedro Puy presentou o programa económico dos populares na Cámara de Comercio de Tui.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2023

Fuente: PP de Pontevedra

  • Denuncia que “España foi o país que máis tarde recuperou o PIB per cápita e, de toda Europa, é o país no que as familias perderon máis poder adquisitivo e, polo tanto, no que teñen máis dificultade para afrontar a cesta da compra”.
  • Apostan tamén por investir ben os fondos europeos: “Os fondos teñen que chegar ás empresas e á sociedade, e para iso é fundamental colaborar coas Comunidades Autónomas”.

 

O candidato ao Congreso do PP de Pontevedra, Pedro Puy, presentou esta mañá na Cámara de Comercio de Tui o programa económico cos que os populares concorren ás eleccións xerais do 23 de xullo. Tras facer unha diagnose en dez puntos sobre cal é a situación da economía española, que segundo denunciou “non tivo un bo comportamento”, presentou algunhas das principais medidas coas que o PP pretende cambiar esta situación. “Apostamos por mellorar a xestión, facer unha política fiscal axeitada á situación actual, mudar unhas contas que tenden ao déficit e á débeda constante así como reverter as subas de impostos para aliviar as cargas que soportan as familias, especialmente as que teñen menos recursos”, subliñou.

 

Puy asegurou que “España foi o país que máis tarde recuperou o PIB per cápita e, de toda Europa, é o país no que as familias perderon máis poder adquisitivo e, polo tanto, no que teñen máis dificultade para afrontar a cesta da compra. Ademais, a isto súmase que hai un maior incremento da débeda e do déficit”. Neste contexto “nada doado”, avanzou que entre as iniciativas que o PP quere poñer en marcha para reverter esta situación inclúese a modificación do sistema fiscal para as familias con rendas medias e baixas, reflactar a tarifa do IRPF e facilitar que os fogares con menos recursos poidan consumir peixe, carne e conservas, para as que prevén reducir o IVE “porque hai un descenso claro do consumo destes produtos”.

 

Os populares apostan tamén por “investir ben os fondos europeos. Somos un país líder en que nos autoricen gasto pero estamos á cola na súa execución. Os fondos teñen que chegar ás empresas e á sociedade, e para iso é fundamental colaborar coas Comunidades Autónomas”. Como exemplo, citou que “estamos a ver que os Pertes industriais, particularmente os da provincia de Pontevedra, comezando polo que solicita Stellantis, aínda non teñen chegado, pero aos seus competidores noutras comunidades autónomas desde o Goberno central xa se financiou unha transición cara o vehículo eléctrico”.

 

Con todo, durante a súa intervención tamén explicou que “hai outras cuestións que veñen marcadas polo marco europeo, porque somos o país que máis débeda emitiu nos últimos anos, aínda que non se apreciase demasiado no tecido produtivo”. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí