Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontón pide á mocidade que se mobilice masivamente o 23X para construír unha Galiza sen a precariedade e a emigración que impón a dereita

A portavoz nacional chama á xente nova a encher as urnas coa papeleta do BNG para defender o dereito a vivir e traballar nunha Galiza -tolerante, inclusiva, diversa, na que cada quen poida ser o que queira-

A portavoz nacional chama á xente nova a encher as urnas coa papeleta do BNG para defender o dereito a vivir e traballar nunha Galiza -tolerante, inclusiva, diversa, na que cada quen poida ser o que queira-

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2023

Fuente: BNG

A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo un chamamento para que a xente moza se mobilice o 23X e vote masivamente BNG co fin de acadar en Madrid un grupo galego forte que defenda un futuro mellor para a mocidade, unha Galiza de oportunidades lonxe da precariedade e a emigración, e o dereito a traballar e vivir nunha Galiza “tolerante, inclusiva, diversa, na que cada quen poida ser o que queira”.

 “Tende por seguro que o BNG non lle vai fallar á xente moza, nin á hora de defender ante Madrid unha Galiza con futuro e de oportunidades, nin á hora de pararlle os pés a esa dereita ultra de ganchente coa extrema dereita que vos quere levar cara atrás”, proclamou durante o acto que Galiza Nova organizou en Pontevedra, no que tamén participaron os candidatos por Pontevedra e Lugo, Carme da Silva e Daniel Castro.

Fronte ás forzas estatais que só se acordan da  xente nova en campaña “pero que cando gobernan esquécense ou traballan directamente con contra dos seus intereses”, o Bloque vaise “deixarse a pel”, dixo Pontón, para “pelexar por unha Galiza na que teñades futuro e poidades desenvolver os vosos proxectos de vida, para acabar coa emigración, por uns servicios públicos de calidade e por unha política pública de vivenda que poña no centro as necesidades da xente nova”.

“Hoxe vemos como en Galiza a alternativa para miles de mozos e mozas é elixir entre a precariedade ou a emigración”, denunciou, recordando que “nos últimos catorce anos tiveron que coller a maleta 200.000 galegos e galegas menores de 34 anos” empurrados polas políticas do Goberno de Núñez Feijóo. 

A líder do BNG referiuse tamén á taxa de emancipación xuvenil -Galiza ten unha das máis baixas do Estado- e destacou que conseguir hoxe o acceso a unha vivenda en aluguer é “misión imposible” para miles de mozos e mozas. Logo de acusar aos populares de “dinamitar” a política de vivenda pública “cun recorte que chegou a ser do 70%”, cargou contra a suba no prezo dos alugueres, arredor dun 30 % nos últimos anos en cidades como Vigo, A Coruña ou Santiago

“Sodes imprescindibles para conseguir, da man do BNG, un grupo galego forte no Congreso que loite por vós”, insistiu ante os mozos que acudiron ao mitin de Pontevedra,  onde puxo de manifesto así mesmo o efecto que as políticas da dereita están a ter na taxa de natalidade de Galiza, unha das máis baixas do planeta, ou no deterioro de servizos públicos básicos como a sanidade ou a educación. “O PP pasou olimpicamente dos problemas da xente moza, mirou para outro lado mentres moitos tiñan que coller as maletas, e claramente favoreceu a privatización do ensino público”, dixo.

Pontón fixo especial fincapé nos problemas de saúde mental que afectan e preocupan á xente nova. “Galiza está na parte alta en problemas de saúde mental, pero está abaixo na atención da xente, e por iso hai 10.000 galegos esperando por unha primeira consulta”, apuntou tras lembrar que Galiza ten a segunda taxa de suicidios máis alta do Estado e está nos primeiros postos en canto a consumo de psicofármacos.

A líder do Bloque apelou ao “orgullo de ser galegos e galegas” e pediu a mobilización da xuventude “ao longo e ancho do País”, a “encher as urnas” coa papeleta do BNG para que ese grupo forte, con deputados e deputadas por A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, loite no Congreso pola Galiza “tolerante e inclusiva” que rexeita o “discurso do odio e da intolerancia que medra da man dunha dereita cada vez máis ultra e dunha extrema dereita racista, machista, xenófoba e profundamente antigalega ”. “Queren roubarnos ata a lingua na que falamos e non imos permitir o regreso a tempos escuros”.  

A mocidade é presente

A candidata por Pontevedra Carme da Silva destacou que “para o BNG a mocidade non é un simple caladoiro de votos, senón parte activa do cambio”, ao tempo que fixo un chamamento a cambiar a idea de que a xente nova é só futuro. “É o presente do país”, recalcou. 

En materia de educación  Da Silva defendeu a transferencia da xestión das bolsas para a súa xestión directa desde Galiza. No que se refire á vivenda, avogou por unha acción pública contundente que neutralice a especulación do mercado e reclamou o traspaso dos inmobles da Sareb para incorporalos á unha bolsa pública de alugueiro. O emprego foi o terceiro bloque no que incidiu Da Silva, que anticipou que o Bloque defenderá en Madrid axudas directas para a incorporación ao sector primario, e actuacións para o retorno da xente moza emigrada, en particular para recuperar “o talento científico e investigado emigrado”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí