Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Deporte, música e teatro na programación do sábado de San Telmo

Programación Festas de San Telmo - Sábado, 7 de abril

Programación Festas de San Telmo - Sábado, 7 de abril

Fecha: 07 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tui

O deporte abre a programación do sábado, 7 de abril, nas festas de San Telmo en Tui. Medio centenar de persoas participarán dende ás 10h na Andaina Festas de San Telmo que realizará un percorrido urbano de 8 quilómetros. Unha hora máis tarde comezará a Carreira Popular Solidaria de San Telmo na que se inscribiron 600 persoas nas distintas categorías dende veteranos e senior até pitufos. Entre as novidades deste ano está que se recurta a distancia para as categorías superiores que será de 5 quilómetros. O club Atletismo Tui encárgase da organización xunto co Concello nun evento solidario xa que na recollida dos dorsais recolleranse alimentos que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño. A saída de todas as carreiras será no Paseo da Corredoira onde ás 13h terá lugar a entrega de premios.

O fútbol tamén estará presente coa disputa da Copa San Telmo Eurocidade, entre o Tyde FC e o SC Valenciano, que se celebrará ás 12.30h nas instalacións deportivas Álvarez Durán.

Entre ás 17h e ás 19.30h no Paseo da Corredoira poderán contemplarse os coches clásicos participantes na III Clásica Manuel Alfaro organizada pola la Escudería Vigo Clásicos.

A charanga Cantos Somos amenizará coa súa música as rúas de Tui de 11 a 14h e de 17 a 21h. Amais ás 19h está previsto o desfile dos xigantes e cabezudos, acompañados polo grupo folclórico San Fins de Rebordáns, dende a Área Panorámica até a praza da Inmaculada.

Ás 20h o grupo Atalaia do Centro Sociocomuntario de Tui pecha a X Semana de Teatro Amador coa comedia "Teño un tolo na casa" de Raimundo Francés. Miguel Ángel Pérez Blanco dirixe ao elenco formado por seis actores e actrices afeccionados que nos achegan en clave de humor as ocorrencias de Amalia, para facer fronte á crise económica que ela e o seu marido, policía xubilado, teñen que facer fronte tras o divorcio da súa filla. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 19.30h ao prezo de 1,5€.

A igrexa de San Domingos acollerá dende ás 22h o IV Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui organizado pola Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que actuará xunto á Banda de Gaitas Cantabria e a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián.

A verbena correrá a cargo da orquestra Solara no Paseo da Corredoira, e da Orquestra Kubo na rúa Compostela, presentando por vez primeira o escenario dunha orquestra máis grande de Europa.

Programación Festas de San Telmo - Sábado, 7 de abril
• 10.00 h No Palco da Música do Paseo da Corredoira, saída da Andaina Festas San Telmo.
• 11.00-13.30 h Dende Paseo da Corredoira, saída Carreira Popular Solidaria de San Telmo.
• 11.00-14.00 h Polas rúas de Tui actuación da Charanga "Cantos Somos".
• 12.30 h española, Nas instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui Copa San Telmo Eurocidade, Tyde FC vs SC Valenciano.
• 17.00-19.30 h No Paseo da Corredoira, Concentración de coches clásicos "III Clásica Manuel Alfaro".
• 17.00-21.00 h Polas rúas de Tui actuación da Charanga "Cantos Somos" .
• 19.00 h Dende o Edificio Área Panorámica ata a Praza Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas San Fins de Rebordáns.
• 20.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui estrea "Teño un tolo na casa" - 70 min. Entrada 1,5€.
• 21.00-23.00 h No Paseo da Corredoira, verbena coa Orquestra Solara.
• 22.00 h Na Igrexa de San Domingos IV Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui coa participación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, a Banda de Gaitas Cantabria e a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián. Organiza. Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.
• 23.00-00.00 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Kubo.
• 00.00-01.00 h No Paseo da Corredoira, verbena coa Orquestra Solara.
• 01.00-03.00 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Kubo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones