Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Desaparecido un participante na XII edición do Triatló da Amizade no Río Miño

O varón de 24 anos, de nacionalidade portuguesa, desapareceu na proba de natación no Río Miño

Despois de terse despregado un amplo operativo de busca e rescate por terra, mar e aire, arestora non se ten constancia do paradoiro do desaparecido.

Fecha: 01 de Septiembre de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Este domingo día 1 de setembro celebrabase o XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño, no marco da Eurocidade, contando cunha participación de máis de 300 atletas federados/as e non federados/as, oriúndos dos dous países veciños.

As persoas participantes tiñan que nadar unha distancia de 750 m., previamente a unha proba de ciclismo de estrada de 20 Km. e finalizando cunha carreira a pé de 5 Km. transcorrendo estas entre a localidade galega de Goián, no municipio de Tomiño, e a lusa de Vila Nova de Cerveira, con puntos de partida e chegada localizados no Espazo Fortaleza, en Goián, e o parque de transición no Caês do Río Miño, en Cerveira.
 
Foi precisamente na proba de natación cando un varón de 24 anos de idade e de nacionalidade portuguesa desaparecía cando se dispuña a atravesar os 750m. existentes entre o Cais de Vila Nova de Cerveira e o Espazo Fortaleza de Goián(Tomiño).
 
Segundo manifestaron os mesmos competidores o participante afundíuse nas augas do Río Miño, e malia os primeiros intentos de localizalo coas embarcacións de apoio da propia proba deportiva, decidíuse activar o protocolo de emerxencia.

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CIAE 112 Galicia, activaba sobre as 5:30h da tarde o protocolo de colaboración transfronteriza no caso de emerxencias, ARIEM112, para tratar de localizar a este participante da proba de Triatlon.

Ás 17:30 horas desta tarde, efectivos de Protección Civil de Tomiño daban conta do suceso ao 112 Galicia. A partir dese momento, púxose en marcha un dispositivo de busca. Participaron ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade, a Garda Civil, os Bombeiros de Baixo Miño, o GES da Guarda, Salvamento Marítimo e o Servizo de GardaCostas de Galicia. Tamén se alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Pola parte portuguesa, atópanse na procura bombeiros voluntarios de Vilanova de Cerveira, mergulladores, unha embarcación da Comandancia Naval do Miño, así coma un helicóptero.

Despois de terse despregado un amplo operativo de busca e rescate por terra, mar e aire, arestora non se ten constancia do paradoiro do desaparecido.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones