Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dez andainas para coñecer Cerveira e Tomiño paso a paso

Comezan en febreiro as -Rotas Minho/Roteiros Miño-, proxecto gañador do OPT2020 que busca unir os dous países a través de camiñadas paisaxísticas, culturais, patrimoniais ou ambientais

Comezan en febreiro as -Rotas Minho/Roteiros Miño-, proxecto gañador do OPT2020 que busca unir os dous países a través de camiñadas paisaxísticas, culturais, patrimoniais ou ambientais

Fecha: 03 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Coñecer paso a paso Cerveira e Tomiño a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Ese é o obxectivo do programa "Rotas Minho/Roteiros Miño", un dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2020, que arranca xa este mes de febreiro e que permitirá descubrir diferentes visións dos dous municipios a través de 10 andainas que se celebrarán ao longo do ano.

A primeira ruta será ‘Trilho da Carranca', unha andaina paisaxística e cultural de baixa dificultade, 5,6 km e 1 hora 30 minutos de duración polas freguesías de Gondarém que terá como punto de partida a Igrexa Parroquial de Gondarém ás 09.00 h (hora portuguesa). Xa en marzo será a quenda do ‘Roteiro das Fontes', un percorrido histórico e cultural de entre 12 e 15 km que transcorrerá por Tomiño.

A programación complétase, entre outras andainas, cun percorrido paisaxístico, histórico e cultural de 9 km pola Junta de Freguesía do Sopo en abril; cunha camiñada interpretativa paisaxística e ambiental de 10km polo ‘Roteiro das Pesqueiras' en maio; cunha ruta nocturna entre o Monte do Cervo e Niño do Corvo en xuño; coa andaina paisaxística e ambiental nocturna denominada ‘Espazo en Forma. Conversas coa Natureza', que sairá de Goián no mes de xullo; coa rota da Amizade Cerveira-Tomiño en outubro; e cunha ruta paisaxística e cultural por Loivo no mes de novembro.

Para participar en calquera destas andainas é preciso facer inscrición previa a través dun formulario habilitado na web da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Todas as rutas terán un grao de dificultade baixo ou moderado e estarán limitadas a un máximo de 50 participantes. A inscrición para as andainas abrirase cada trimestre.

Fomentar hábitos saudables
Promovida polo Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega, esta iniciativa nace co obxectivo da unión dos territorios pero tamén de fomentar os hábitos saudables de camiñar, mellorar a condición física da poboación e promover accións de sensibilización ambiental ou patrimonial, entre outras. Camiñar é unha actividade de baixo impacto ambiental e con moi boa acollida por parte da poboación que en poucos anos pasou de ser un acto de lecer a unha actividade turística potencialmente xeradora de beneficios económicos a nivel local.

Ao gusto da cidadanía polas andainas, "Rotas Minho/Roteiros Miño" quere unir a xeografía do Alto e Baixo Miño, un área cunhas características físicas e naturais peculiares que se reflicten directamente na cultura, na historia, no patrimonio... e que os promotores queren dar a coñecer, presentando o bo que a xente pode atoparse ás dúas marxes da fronteira.

Orzamento Participativo Transfronteirizo OPT
O OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones