Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DEZASEIS POSTOS DE ARTESANÍA E GASTRONOMÍA AMOSARÁN OS SEUS PRODUTOS NA IV FESTA DO PRACER

Amenizarán a xornada grupos folclóricos da terra, espectáculo do circo e exhibición de oficios antigos

Os asistentes poderán degustar a prezos populares arroces, empanadas, piquillos recheos ou filloas elaboradas por restaurantes da cidade

Fecha: 19 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

As Prazas do Pracer e da Estrela, xunto co Paseo Fluvial de Tui, vestiranse de gala para acoller a IV Festa do Pracer este domingo. O folclore, o circo e maila música, xunto con oito postos de artesanía e outros tantos de gastronomía e exhibición de oficios antigos, daranse cita nun singular enclave.

Hoxe luns, ás 11 da mañá, presentouse en rolda de prensa a IV Festa do Pracer "Vive o conxunto histórico". O acto tivo lugar na Sala de Concelleiros do Concello de Tui. A presentación estivo dirixida pola concelleira de Cultura de Tui, María José González, acompañada pola artesá, Yolanda Domínguez e a restauradora, Sonia Alonso, de "Viños e Tapas".

Ás 12h será a inauguración da Festa co Grupo Folclórico de Santa Columba na Praza do Pracer. Unha hora despois, ás 13h. Actuación no mesmo enclave de Cé Orquestra Pantasma. Home Orquestra. Á unha do mediodía comezará a festa gastronómica na Praza da Estrela.

Xa pola tarde, ás 16h, actuación do grupo folclórico San Xoán de Paramos na Praza do Pracer. Pola súa banda, ás 17h. o Circo Chosco, Chosco Voando estará no Paseo Fluvial. Unha hora despois, ás 18h. o grupo tradicional de Seixos Albos de Areas estará na Praza do Pracer. Para rematar, na mesma praza, ás 19h. rematará a festa o grupo de folk tradicional Pelepau-Fío de Agulla.

Aparte das actuacións, os artesáns amosarán en directo como crean pezas de cestería ou cerámica. Por outra banda, os postos de gastronomía de "Remesal", restaurante do "Parador de Tui", "Pizzería di Marco" e "Viños e Tapas, xunto con cociñeiros da zona, porán á venda a prezos populares, entre 2,5€ e 5€, tapas de arroces, empanadas, tortilla, hamburguesas, fajitas vexetais, piquillos recheos, pan doce e salgado ou xamón asado. Tamén haberá á venda sobremesas coma filloas recheas. No caso de chuvia, a IV Festa do Pracer quedará aprazada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones