Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Diego Giráldez presenta a súa novela na Libraría Atlántica de A Guarda

A presentación será mañá sábado, ás 11:30h. O autor estará acompañado da directora comercial da Editorial Galaxia, Tati Mancebo

A presentación será mañá sábado, ás 11:30h. O autor estará acompañado da directora comercial da Editorial Galaxia, Tati Mancebo

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2022

Fuente: Diego Giráldez

Este sábado 2 de xullo, o escritor Diego Giráldez presenta e asina a súa nova novela “O meu sangue” (Galaxia) na Libraría Atlántica de A Guarda, ás 11:30h. Estará acompañado da directora comercial da editorial, Tati Mancebo.

Durante a presentación, falarase sobre a que é a novela máis persoal do escritor. Un libro que gardou nun caixón durante 2 anos, que viu a luz a principios deste mes de maio e que xa está a obter comentarios moi satisfactorios tanto do público como dos críticos, que chegaron a dicir de “O meu sangue” cousas como que “é unha das grandes novelas do ano”, que “con esta novela o autor sae do cómodo e sobe a aposta” ou mesmo “que é unha lectura moi recomendable e estimulante”. Ao remate, serviráse un viño aos asistentes.

En “O meu sangue”, Diego Giráldez compón un gran tapiz que nace da intimidade dun corazón desafiuzado que loita por recompoñerse. O meu sangue é unha intriga que nos arrastra ao particular descenso aos infernos do protagonista e a unha defensa irracional do que nos fai máis felices: os seres e os lugares queridos.

Sinopse da novela

Empatizarías con alguén que humilla o teu sangue? Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis queres?

Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novela negra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vida con Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir de aquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, a maldade e o amor entretecen un relato de vinganza.      

Sobre o autor

Diego Giráldez (O Porriño, 1976). Exerceu o xornalismo en distintos  medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras,  colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra e Xornal  de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na  actualidade, faino co diario dixital Praza Pública e a revista Luzes.  Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e escribiu libros  relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia.

En 2016 publicou o libro de relatos curtos "Galería de saldos", o seu primeiro traballo de narrativa, polo que foi elixido “Autor galego do  ano” pola revista Fervenzas Literarias. En 2019 publicou, en Editorial  Galaxia, a novela "Hotel para coleccionistas discretos" e participou nas obras colectivas "O libro dos trens" e "A secreta melancolía da garza"  (Galaxia, 2019).

Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Literario José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015) e o Premio Literario  Manuel Murguía (2016). En 2020 quedou finalista do XVII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí