Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Do 25 de xuño ao 2 de xullo celébranse as I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio do Concello de Tui

Un ciclo de conferencias, intervencións arqueolóxicas e visitas guiadas á necrópole de San Bartolomeu forman parte do programa previsto

Un ciclo de conferencias, intervencións arqueolóxicas e visitas guiadas á necrópole de San Bartolomeu forman parte do programa previsto

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

Do 25 de xuño ao 2 de xullo vanse celebrar as I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio do Concello de Tui co obxectivo de pór en valor o patrimonio arqueolóxico tudense.

A inauguración das xornadas terá lugar este sábado, 25 de xuño, na Sala Félix Rodríguez, cunha serie de conferencias en horario de mañá e tarde. Xa a partir do luns 27 realizaranse as intervencións arqueolóxicas para a recuperación dos restos óseos da necrópole e sondaxes arqueolóxicas e as visitas guiadas ao xacemento na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.

A inauguración das xornadas este sábado, 25 de xuño, terá lugar ás 12h a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Patrimonio, Carme Núñez. Pola mañá intervirán a codirectora das xornadas e arqueóloga Nieves Veiga López quen disertará sobre "Achegamento á arqueoloxía e ao patrimonio cultural"; a arqueóloga e investigadora USC, Rebeca Blanco Rotea falará de "A fortificación da cidade de Tui na Idade Moderna" e o arqueólogo Juan José Perles Fontao abordará a "Apertura do Sartego na capela de Santo André na Catedral de Tui".

A actividade retomarase partir das 16h co director do Arquivo da Catedral de Tui Avelino Bouzón Gallego ofrecerá a conferencia "Notas Históricas sobre a Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns"; intervirá tamén o arqueólogo da Xunta Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez e os arqueólogos Marco Antonio Rivas Nodar e Francisco Javier Chao Álvarez dando conta da fase 2 da campaña 2014 da excavación e restauración do convento de San Francisco. Previa á clausura, prevista para ás 19h, o codirector das xornadas, antropólogo físico e bioarqueólogo Patxi Pérez Ramallo disertará sobre "Análises osteolóxicas e biomoleculares: profundización a partir dos restos óseos medievais do antigo convento de San Francisco, A Coruña".

Do luns, 27 de xuño, ao sábado, 2 de agosto, levaranse a cabo intervencións arqueolóxicas encamiñadas a recuperar os restos óseos en superficie da necrópole de San Bartolomeu para evitar a súa degradación e darlles o axeitado tratamento de conservación. Farase un estudo de arqueoloxía funeraria sobre a orientación, tipoloxía e outros elementos das tumbas así coma análises osteolóxicas e biomoleculares co fin de obter información sobre a idade, sexo, estatura, dieta e posibles movementos migratorios. Con estas intervencións tamén se busca aclarar puntos ou datos descoñecidos polo momento coma a extensión da necrópole ou as antigas estruturas da igrexa.

Ao longo desta semana, do 27 de xuño ao 2 de xullo, haberá visitas guiadas ao xacemento na igrexa de San Bartolomeu, para ás que é preciso inscribirse previamente no correo xornadasdetui@gmail.com. Nas mesmas poderase coñecer de xeito directo, ameno e didáctico os traballos que se van realizar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones