Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dobre cita cultural na Guarda para o sábado 28 de maio

Un contacontos adicado á Florencio Delgado Gurriarán e a obra teatral #2Pilgrims poñen o broche á programación de maio.

Un contacontos adicado á Florencio Delgado Gurriarán e a obra teatral #2Pilgrims poñen o broche á programación de maio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

Un contacontos adicado á Florencio Delgado Gurriarán e a obra teatral #2Pilgrims poñen o broche á programación de maio.

 

Este sábado realizarase na Biblioteca Municipal o contacontos das Letras Galegas “Florencio nas Ondas”, a cargo da narradora Raquel Queizás, que tivo que adiarse da súa data orixinal por mor da choiva. Mediante a recreación dun antigo programa de radio descubriremos a vida de película deste personaxe, medio espía, medio fuxitivo, que contribuíu a dignificación de Galicia e a normalización da nosa fala nunha época escura.  O espectáculo apto para nenos a partir de 5 anos, representarase na Biblioteca Municipal ás 12:00h, sendo preciso confirmar a asistencia previamente no Centro Cultural: centrocultural@aguarda.esou no teléfono 986611850 en horario de 16:00h. a 21:00h.

 

O mesmo sábado á tardiña, ás 20:00h. o Centro Cultural acollerá unha nova obra teatral , neste caso a última proposta de Redrum Teatro: “#2Pilgrims”. A obra aborda o proceso de creación dunha obra teatral a cargo de dous recoñecidos actores como son Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, o Camiño de Santiago será a escusa ou detonante que os protagonistas atopen para iniciar a súa reflexión, na que os temas como a igualdade ou as novas masculinidades formarán parte das súas preocupacións principais.

 

Esta obra, a decimo quinta da compañía - que xa estivo na Guarda con creacións como Noiteboa, Invisibles ou O Home con Lentes de pasta- está especialmente pensada para o público mais novo e incluso adolescente. A compañía quixo facer un esforzo por dirixirse á mocidade cunha comedia que conta con grandes doses de absurdo e que fai un cuestionamento crítico sobre o amor romántico, así como unha reflexión acerca do efecto das redes sociais nas relacións persoais.

 

O acceso será de balde ate completar o aforo máximo do Salón de Actos, non sendo precisa a inscrición previa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones