Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dobre cita esta fin de semana coa música tradicional en Tui

O sábado celebrarase o III Concurso de Gaita e Tamboril e o domingo o IV Día da Muiñeira

O domingo oito grupos participarán no Día da Muiñeira

Fecha: 17 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tui

Dobre cita esta fin de semana coa música tradicional en Tui da man da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo de Tui e coa colaboración do Concello de Tui. O sábado celebrarase o III Concurso de Gaita e Tamboril e o domingo o IV Día da Muiñeira.

Estes dous eventos foron presentados na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, a presidenta da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo de Tui, Conchi Sales, e Raquel Hernández e Alba Vaz, membros deste colectivo.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou que estes dous eventos poñen de manifesto o traballo das asociacións para pór en valor a nosa cultura tradicional. A concelleira de Cultura, María José González, explicou que estas actividades se van consolidando ano a ano, facendo fincapé na homenaxe a Antón Corral que haberá o sábado á noite, e na recuperación do Día da Muiñera, que antano xa se celebraba en Tui, e que permitirá sacar á rúa o traballo dos distintos grupos folclóricos.

Conchi Sales, presidenta da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo de Tui, explicou que nesta terceira edición do Concurso de Gaita e Tamboril, que comezará ás 20.30h no pórtico da Catedral, haberá un total de 12 participantes chegados de distintos puntos de Galicia, quedando seis participantes fóra do concurso ao acadar o máximo de doce establecido nas bases. Ao remate realizarse unha homenaxe ao mestre Antón Corral coa proxección dun vídeo sobre a súa vida e a entrega de agasallos.

Alba Vaz deu conta que o domingo, ás 20h, sairán dende a Área Panorámica ata o Paseo da Corredoira os oito grupos participantes no IV Día da Muiñeira. Serán os grupos folclóricos tudenses Inquedanzas de Pazos de Reis, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santa Columba de Ribadelouro e Saragana da Asociación C.X. San Telmo e os mosenses A Nosa Terra de Pereiras, Follas Novas de Guizán, Acividade de Louredo e o grupo de baile do Centro Cultural Abrente de Peinador. Xa na Corredoira interpretarán de forma conxunta catro pezas no tramo comprendido entre o cruzamento con Rosa Bahamonde e os soportais, que estará pechado ao tráfico pola celebración deste evento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones