Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DOBRE PROPOSTA MUSICAL ESTA FIN DE SEMANA NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

O venres María Fumaça presenta un espectáculo infantil, e o sábado A Panadaría a comedia western musical Pan, pan!

O venres María Fumaça presenta un espectáculo infantil, e o sábado A Panadaría a comedia western musical Pan, pan!

Fecha: 07 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Dobre é a proposta que esta fin de semana hai no Teatro Municipal de Tui. As dúas citas están vinculadas á música.

O venres, 6 de marzo, ás 20h chega ao Teatro Municipal o espectáculo musical "Xiqui, Xoque, Fiu, Fiu!" da man de María Fumaça de Mos. Sobre o escenario estarán Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco e Santiago Cribeiro para realizar xunto co público unha viaxe entre amigos no tren máis festeiro. Este é un proxecto musical no que non falta o bo humor, cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños. Nos vagóns soan ritmos de muiñeira, rumba, samba, rock e forró. Ten unha duración de 60 minutos e vai dirixido a público familiar a partir dos 3 anos.

As entradas están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou poderanse mercar o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.

Mentres o sábado, 7 de marzo, ás 20.30h, será a quenda da Panadaría de Vigo con "Pan, pan!" unha comedia western musical que levan a escena Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman. Durante 60 minutos mestúranse o humor e a retranca con todos os elementos do vello oeste dando lugar a unha comedia ao máis puro estilo Far West. Harry, un cowboy americano, persegue a un indio salvaxe que lle roubou á súa muller. Haberá amor e vinganza a partes iguais no mundo sen lei dos ranchos vaqueiros e os desertos perigosos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou no despacho de billetes a partir das 19h ao prezo de 5€ e 3,5€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones