Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DOCUMENTAIS DO FESTIVAL PLAY-DOC, EN DIRECTO, EN R

Unha selección de títulos da edición de 2015 estará dispoñible para os subscritores de Play-Doc TV do 22 de abril ao 3 de maio

Unha selección de títulos da edición de 2015 estará dispoñible para os subscritores de Play-Doc TV do 22 de abril ao 3 de maio

Fecha: 22 de Abril de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

O XI Play-Doc Festival Internacional de Documentais, que se celebra  en Tui do 22 ao 26 de abril, conta este ano cunhas singulares "sedes adicionais": as casas de todos os espectadores subscritos a Play-Doc TV. A idea é premiar a fidelidade dos subscritores desta canle do servizo rebobina do operador galego R e como agasallo de benvida para aqueles que se subscriban agora. Desta maneira, Play-Doc TV ofreceralles por tempo limitado aos seus usuarios - do 22 de abril ao 3 de maio- un conxunto de 9 estreas que se poderán ver nesta undécima edición do festival. O espectador poderá vivir parte do certame dende a súa casa (durante as mesmas datas do Play-Doc e algúns días máis), accedendo a títulos representativos da programación deste ano. Entre estas apostas, películas da sección oficial como L'abri, do reputado director suízo Fernand Melgar; ou Songs From the North, descubrimento dunha nova directora, Soon-Mi Yoo, que obtivo o premio á mellor ópera prima no prestixioso festival de Locarno.

 

A vida de Leslie Howard en Galicia e indie luso

Un título galego que destaca no Play-Doc de 2015 é A viaxe de Leslie, que conta a vida do actor de Hollywood Leslie Howard, abatido supostamente polos nazis na costa de Cedeira cando exercía como espía para os británicos. No eido musical, estrearase True, documental dedicado á banda The Legendary Tigerman, unha das máis populares no panorama indie luso, que contará cun concerto no marco do festival. Para gozar de todos estes títulos cómpre, pois, ser cliente de televisión de R e subscribirse a Play-Doc TV por 2,30 euros ao mes (IVE incluído), sen compromiso de permanencia de ningún tipo.

 

Play-Doc TV

Esta canle de subscrición, que se lanzou en 2013 na plataforma de televisión do operador galego R, conta cun catálogo de arredor de 200 títulos que medra cada mes. Filmes de cineastas que pasaron polo festival, como Lech Kowalski, Jay Rosenblatt, Albert Maysles ou Oliver Laxe combínanse con ciclos especialmente concibidos para a televisión e con películas de grande éxito como Searching for Sugar Man, gañador do Oscar, ou unha selección dos traballos do reverenciado director de cinema independente norteamericano John Cassavetes, entre outros contidos.

A idea da canle é lles ofrecer unha nova fiestra aos espectadores de Play-Doc, que tamén poden gozar todo o ano, nos seus fogares, de títulos programados no certame: trátase da non-ficción máis independente e arriscada, que marca as tendencias cinematográficas do momento e que resulta dificilmente accesible nos circuítos de distribución tradicionais. Play-Doc TV ofrece a posibilidade de gozar de documentais de calidade en calquera momento, sen depender dunha grella de programación.

rebobina R

 

Coa máxima calidade da alta definición (HD) por fibra óptica, rebobinaR permítelles aos clientes deste servizo acceder en calquera momento a contidos de ata 33 canles seleccionadas da televisión R (16 delas en HD) e reproducilos coma se dun DVD se tratase. Igualmente R ofrece, no seu servizo de catálogo, a posibilidade de gozar das mellores estreas de cinema e doutros contidos e velos cantas veces se queira durante 48 horas a partir do momento da compra. O sistema de "subscricións", no que se encadra a canle de documentais Play-Doc TV, complementa o servizo de vídeo baixo demanda de R e representa unha vantaxe máis da televisión á carta que quere adaptarse en todo momento ás preferencias e necesidades dos espectadores
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones