Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dous Teixugos coa Selección Española no Campionato de Europa de Slálom Júnior e Sub-23

Desde o xoves 17 ata o domingo 20 de agosto celebráronse na localidade alemá de Hohenlimburg os Campionatos de Europa e Sub-23 de Slálom.

Desde o xoves 17 ata o domingo 20 de agosto celebráronse na localidade alemá de Hohenlimburg os Campionatos de Europa e Sub-23 de Slálom.

Fecha: 22 de Agosto de 2017

Fuente: Rosa Fernández

Desde o xoves 17 ata o domingo 20 de agosto celebráronse na localidade alemá de Hohenlimburg os Campionatos de Europa e Sub-23 de Slálom. Dous canoístas do club Deportivo Miño-Teixugos acadaron praza para formar parte da selección que representou a España. Luís Fernández e Brais Castro conseguiron no pasado Campionato de España de slálom superar os selectivos para esta competición, concretamente para a modalidade C1 Home sub-23. Ademais de eles dous, outra galega, Ainhoa Lameiro, do Club Penedo de Caldelas, tamén conseguiu superar os selectivos.

Luís Fernández tivo a súa primeira baixada o venres de mañá, quedando a apenas tres postos de entrar en semifinais, xa pola tarde tivo outra oportunidade, pero nesta ocasión baixou algo máis lento, quedando fóra de semifinais. O seus resultados están por debaixo das súas marcas habituais, probablemente debido a que se viu obrigado a competir cunha canoa "de prestado" a causa dun incidente que non lle permitiu o uso do seu material habitual. Na clasificación final acadou o trixésimo segundo posto.

Brais Castro fixo dúas boas mangas con apenas dúas penalizacións, pero algo lentas, e tampouco foi quen de facer semifinais. Rematou na trixésima posición.

A terceira representante galega no campionato Ainhoa Lameiro formou parte do equipo de K1 Júnior e tamén do de C1 júnior. En K1 Ainhoa non foi quen de entrar en semifinais, e acabou no posto trinta. En C1, na mañá do venres, conseguiu pase directo a semifinais na primeira manga cunha duodécima posición. Na mañá do domingo fixo unha boa baixada de semifinais, pero por apenas segundo e medio quedou fóra das finais. Rematou no décimo quinto posto.

O equipo español conseguiu neste campionato dúas medallas de ouro, para Laia Sorribes en K1 Júnior Muller e para Miren Miren Lazcano en C1 Sub-23 Muller, e unha de plata para o equipo español de patrullas en C1 Júnior Home.

Este volve a ser un ano con historia para o slálom galego grazas sobre todo ao traballo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e iso a pesar de non contar con ningunha canle adecuada para este deporte na comunidade galega. A maioría vese obrigado a desprazarse máis de mil quilómetros para adestrarse na canle da Seu D´Urgell, outros, como Luís Fernández, optan por irse a vivir alí para poder manter un bo nivel de adestramento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones