Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Dúas medallas para os Teixugos na II Copa de España -Jóvenes Promesas de Slalom-

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño- Teixugos quedou quinto.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño- Teixugos quedou quinto.

Fecha: 17 de Julio de 2018

Fuente: Rosa Fernández

Esta pasada fin de semana tivo lugar na localidade catalá de Sort a segunda das competicións da Liga Nacional de "Jóvenes Promesas de Slálom". Na xornada do sábado tiveron lugar as clasificatorias e no domingo semifinais e finais, nun circuíto rápido e con moitas partes técnicas, que fixo que, xunto coa gran cantidade de auga que baixaba, fora de gran dificultade.
O Club Deportivo Miño acudiu con seis deportistas que tiveron unha destacada actuación.
En K1 Cadete Ariadana Pereira acadou a primeira das medallas para os Teixugos ao rematar segunda, por detrás de Valentina Torras do Cadí Canoe Kayak.
En K1 Infatil A Alba Soutelo non conseguiu superar as clasificatorias por moi pouquiño, a súa compañeira Ainhoa Barreiro superou as clasificatorias en segunda manga e pasou as semifinais do domingo, rematando en sétima posición. Estas mesmas deportistas participaron tamén na modalidade de canoa ou C1, nesta modalidade ámbalas dúas entraron en semifinais, Ainhoa non acadou final, rematando octava, pola súa banda, Alba, fixo final, e despois dunhas moi boas baixadas en clasificatorias e semifinais, fallou en finais, o que a deixou fóra do medalleiro, pero nun envexable quinto lugar.
En K1 Infantil A, pero masculino, Alexis Segadaes non acadou as semifinais do domingo, Samuel Castro acadou semifinais, pero non conseguiu entrar nas finais rematando undécimo. Sergio Rodríguez tivo unha moi boa actuación, facendo final, e rematando en cuarto lugar a menos dun segundo de medalla.
Samuel e Sergio tamén participaron en C1, neste caso Sergio fixo semis, pero non finais, rematando décimo. Pola súa banda Samuel conseguiu a outra medalla para o club, ao rematar segundo,so por detrás de Markel Imaz do Atlético San Sebastián.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño- Teixugos quedou quinto.

Para esta Copa de España, os Teixugos compartiron experiencia e viaxe cos integrantes do Club Tea de Mondariz. Durante estas competicións nenas e nenos aproveitan para facer turismo, coñecer mellor os lugares aos que acoden e convivir e facer amizades con nenas e nenos do resto de España e Portugal. Na noite do xoves, Tea e Teixugos, participaron xuntos no rafting nocturno, e as mozas fixeron podio co seu terceiro lugar. O slálom é máis que deporte, é unha forma de vida.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí