Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Dúas potencias musicais, un mercado e infinitas oportunidades

O III Encontro Profesional Músicas no Minho confírmase como unha cita de referencia para o sector e unha importante ferramenta para a circulación de artistas entre Galicia e Portugal

O III Encontro Profesional Músicas no Minho confírmase como unha cita de referencia para o sector e unha importante ferramenta para a circulación de artistas entre Galicia e Portugal

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Tres di?as, vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings, un festival con bandas transfronteirizas, e ma?is de 200 profesionais, consolidan ao MUMI como marca cultural da Eurocidade tui-Valença, e como unha feira que ademais de abrir mercado con Portugal funciona tamén como punto de encontro para a industria musical galega.

A Eurocidade Tui-Valenc?a congregou a boa parte das empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal durante os tres di?as nos que se desenvolveu o MUMI 2022. Do 29 de setembro ao 1 de outubro, o Encontro Profesional das Mu?sicas no Minho reuniu a ma?is de 200 profesionais que participaron en mesas redondas e reunio?ns nas que se abordaron as posibilidades de colaboracio?n e os desafíos do sector. A organizacio?n do MUMI 2022 fai balance desta terceira feira profesional luso-galaica que “está a conseguir ampliar as fronteiras para as nosas músicas e aumentar exponencialmente o mercado potencial de artistas e industria”. E aínda engaden que “para o sector galego, este encontro cumpre unha dobre función poque ademais de crear un espazo de intercambio entre o sector musical de ambas beiras do Min?o, é tamén a única feira de música coa que contamos en Galiza, por tanto estase posicionando como a cita de referencia para presentar novos proxectos musicais a axentes e programadores galegos”.

Tres di?as, vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings na Zona PRO AGADIC, un festival de bandas transfronteirizas, ma?is de 200 profesionais e localizacións a ambas beiras do Miño, borrando fronteiras e conseguindo facer realidade os obxectivos de confluencia cultural da Eurocidade Tui-Valença, que se converte nun territorio vital e ideal para o MUMI. As persoas inscritas participaron activamente nos speedmeetings que se desenvolveron na a?rea profesional, encontros tan ra?pidos como intensos que pon?en en contacto a artistas, profesionais da programación e a xestión de diferentes puntos xeogra?ficos ou a empresas con novos talentos.

Este tipo de encontros conforman a identidade do MUMI 2022 cuxo obxectivo principal e? establecer un novo escenario para este tipo de interrelacio?ns e intercambios. Os profesionais inscritos tiveron a oportunidade de asistir a mesas redondas que recolleron as inquedanzas do sector, moitas delas agravadas trala etapa pande?mica. O estatuto profesional dos artistas, os riscos laborais nos eventos, o financiamento de proxectos, as relacións coas administracións, o papel dos medios na comunicación de proxectos musicais e as dificultades que teñen que enfrentar os proxectos transfronteirizos, foron os temas das palestras que tiveron lugar durante o encontro. Entre as bandas que protagonizaron os showcases dirixidos exclusivamente a profesionais estiveron os portugueses Manuel Maio e Meta; e os galegos Momboi, Caamaño & Ameixeiras, Xan Campos Trio e Mounqup.

Ademais de toda a programacio?n dirixida ao pu?blico profesional, a organizacio?n do MUMI 2022 tivo claro desde un primeiro momento a necesaria proxeccio?n pu?blica do evento coa inclusio?n de actividades e concertos para a cidadani?a. Brais Morán & Nasaufunk, Caldo, Néboa, Golfiños, Raia, 47 de Fevereiro, Crua, Bird are Indie, Dapunksportif, Space Ensemble, foron as bandas que tocaron para o pu?blico xeral en espazos como o Teatro Municipal, o Paseo da Corredoira de Tui e o jardín Municipal de Valença.
 
O MUMI amplifica as nosas músicas desde a nosa identidade
Ademais o concerto de apertura deste MUMI 2022 puxo o foco no patrimonio musical de ambas beiras con dúas propostas que experimentan a partir da raíz. O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subiron ao palco do Jardim Mnucipal de Valença na primeira xornada do encontro e conseguiron emocionar cun repertorio tradicional revisado desde unha óptica contemporánea que sen dúbida contribúe a manter vivas as nosas músicas de raíz. Nese showcase de apertura Xosé Lois Romero & Aliboria presentaron as novas cancións publicadas neste 2022 con máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para traballar a terra. Pola súa parte, o portugués Omiri sorprendeu cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo, empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, e ás coreografías de dous danzarin@s que mesturaron hip-hop, danza contemporánea e tradición.
 
Abrir oportunidades tamén para as bandas emerxentes do territorio
O MUMI 2022 pechou esta 3ª edición co Festival Rio Minho Transfronteiriço (AECT Río Miño), onde actuaron 4 bandas da zona transfronteiriza, dúas de Galicia e outras 2 de Portugal, escollidas entre as que se candidataron para actuar no MUMI pero que non foron seleccionadas para os showcases oficiais: Helen&Shana, Jasper, Rockin´Gina and The Sentinels, e Rackam. Con esta iniciativa, o MUMI pretende xerar un retorno na comunidade onde se celebra o encontro e achegar un valor engadido ás iniciativas locais en materia de música. O Festival Rio Minho Transfronteiriço foi unha das novidades desta edición e foi posible grazas ao apoio da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), un instrumento de cooperación que agrupa a 16 municipios galegos e 10 portugueses, e que desenvolve programas, proxectos e accións comúns para a cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño.
 
Crear oportunidades para a industria musical, @s artistas e o territorio
A organizacio?n do MUMI, un proxecto que vin?an madurando desde hai anos un grupo de empresas culturais de Galicia e Portugal, expresou de maneira especial o seu agradecemento aos concellos da Eurocidade, Tui e Valenc?a, pola aposta que fixeron desde o primeiro momento. Ambos concellos amosa?ronse sempre convencidos de que a Eurocidade Tui-Valenc?a, un dos poucos espazos transfronteirizos en Europa de cara?cter urbano, pola su?a necesidade de horizontes comu?ns, era o territorio acaído para un proxecto como o MUMI. Ambas institucio?ns entenden que as implicacio?ns sociais e econo?micas da actividade cultural e, ma?is concretamente, da mu?sica, esta?n xerando benestar e progreso no territorio, e que o MUMI pode ser a mellor marca cultural da Eurocidade. Desde a organizacio?n do MUMI 2022, o balance da edición resúmese na capacidade que está demostrando o encontro para “crear oportunidades par as nosas industrias musicais, para os nosos artistas e os nosos territorios”, e a confirmación de que a feira se está a converter unha cita de referencia e unha ferramenta importante para a circulación de músicas entre Galiza e Portugal.
 
O MUMI está patrocinado pola Eurocidade Tui-Valenc?a, a Direc?a?o Regional de Cultura do Norte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a AECT Rio Minho, a Fundac?a?o GDA e Bodegas Marti?n Co?dax.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí