Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dúas pratas e un bronce para o Club Deportivo Miño-Teixugos no Campionato de España -Jóvenes Promesas-

Cinco foron os deportistas dos Teixugos que acudiron a esta cita.

Cinco foron os deportistas dos Teixugos que acudiron a esta cita.

Fecha: 30 de Agosto de 2017

Fuente: Rosa Fernández

Esta fin de semana celebrouse na canle olímpica da Seu D´Urgell o Campionato de España de "Jóvenes Promesas", co que se pecha a " XII Liga Española de Jóvenes Promesas de Slálom", onde competiron deportistas das categorías Infantil e Cadete de toda España. Cinco foron os deportistas dos Teixugos que acudiron a esta cita. Durante a mañá do sábado cada deportista fixo dúas baixadas, das que contaba só a mellor, o domingo pola mañá outras dúas, contando tamén a mellor das dúas. O resultado final do campionato ven dado pola suma dos postos do sábado e do domingo.

A primeira medalla foi para Ariadana Pereira que en K1 Cadete onde rematou terceira. En K1 Infantil-B Muller Ainhoa Barreiro foi sétima e Alba Soutelo décima, as mesmas deportista participaron tamén en canoa, rematando Alba quinta e Ainhoa octava. Na categoría Infantil-B Home C1, Samuel Castro acadou medalla de prata e Sergio Martínez foi quinto, na mesma categoría, pero K1, Sergio foi segundo, medalla de prata, por tanto, e Samuel noveno.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou na quinta posición.

O sábado pola tarde celebrouse tamén o Campionato de España de patrullas ou slálom por equipos, no que os Teixugos, formando equipos con palistas de varios clubs galegos representando a Federación Galega, acadou dúas novas medallas. En C1 Infantil a patrulla da federación galega na que participaba Samuel Castro dos Teixugos, xunto con Brais Caride e Yoel Costales do Penedo de Tui, quedou en segundo lugar; na mesma categoría, a patrulla formada por Sergio Martínez dos Teixugos, Hipólito Alves do Penedo e Darío Mínguez do Tea foi cuarta. En K1 Infantil a patrulla que integraba a Sergio Martínez foi cuarta e a de Samuel octava. En K1 Infantil feminino, a patrulla formada por Ainhoa e Alba dos Teixugos xunto a Rosana Bernárdez do Tea acadou a medalla de bronce.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones