Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Duascentas persoas participan nas actividades náuticas para persoas con mobili-dade reducida, organizadas este verán entre Tomiño e Cerveira

O proxecto continúa no outono coa divulgación da práctica do remo entre escolares

O proxecto continúa no outono coa divulgación da práctica do remo entre escolares

Fecha: 18 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O pantalán adaptado instalado hai uns meses na praia de Goián, xunto ao Espazo Fortaleza, foi o punto de partida das xornadas náuticas compartidas por Cerveira e Tomiño nos meses de xullo e setembro. Un total de 12 saídas nas que 197 persoas practicaron en embarcacións adaptadas, dúas modalidades de navegación fluvial: o turismo e a orientación inclusiva.

Promovida conxuntamente pola Asociación de persoas con discapacidade Vontade, de Tomiño, e a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, esta iniciativa foi unha das vencedoras na edición 2018 do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT).

Desde a Asociación Vontade, destacan a participación nos percorridos fluviais de 176 persoas con discapacidade, un 58,38% con discapacidade física e un 30,96% con discapacidade intelectual. "Démoslles ás persoas con mobilidade reducida, unha das poucas oportunidades de deporte e lecer na que a eliminación de barreiras arquitectónicas fíxose realidade", explican. As xornadas de navegación serviron, ademais, para coñecer o patrimonio cultural e fluvial do río Miño e probar a capacidade de coordinación e traballo en equipo das persoas participantes.
A segunda fase do proxecto "Náutica para todas as persoas" prevé a divulgación da práctica do remo en cinco centros de educación primaria e no Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño, nos me-ses de outubro e novembro.

Doutro lado da raia, a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira será a encargada de promover a práctica do remo entre os estudantes da Eurocidade, recentemente constituída, mediante a presentación dos ergómetros e a aprendizaxe do seu uso, nos centros de ensino de primaria e secundaria.


En breve, organizarase unha competición transfronteiriza entre os tres mellores clasificados den-tro de cada categoría, tanto feminina, coma masculina.


O OPT forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinan-ciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones