Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Educación acorda manter durante este curso no CRA Mestra Clara Torres a aula de Caldelas de Tui

O xefe territorial de Educación mantivo unha reunión de traballo hoxe co equipo directivo, Anpa e Concello

O xefe territorial de Educación mantivo unha reunión de traballo hoxe co equipo directivo, Anpa e Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Agosto de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos responsables da aula de Caldelas (unha das que integran o Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestra Clara Torres de Tui), así como cos representantes municipais e da Anpa do centro, co obxectivo de analizar a situación do centro.

Os pais trasladáronlle ao xefe territorial, a Inspección Educativa e a directora do CRA o seu desexo por cambiar esta aula ao Centro de Educación Primaria (CEP) de Caldelas e así trasladar a este colexio aos 18 nenos que a conforman. Deste xeito, deixaría de formar parte do devandito Colexio Rural Agrupado (CRA).

Segundo os informou César Pérez Ares, este curso non será posible, xa que dada a actual situación da pandemia, este aula quedaría conformada por dous grupos de 9 alumnos cada unha, xerando dous grupos estables de convivencia de baixa ratio. Por outro lado, de tomarse esa decisión, o CRA Mestra Clara Torres perdería dous profesores, véndose afectado o seu catálogo de mestres, creando un claro prexuízo ao Colexio Rural Agrupado. Ademais, as obras non se poderían acometer a tempo para o traslado dos alumnos ao CEP de Caldelas.

Diante desta situación, durante a reunión de hoxe acordouse que para o seguinte curso 2021/2022 a aula de Caldelas pasaría ao CEP desta parroquia de Tui, transformándose así co CEP en CEIP (Centro de Educación Infantil e Primaria). Con este fin, chegouse a un compromiso en firme co Concello de Tui de xeito que se executen as obras necesarias para o traslado de forma conxunta, obras que suporán a reforma de varias aulas para adaptalas aos cursos de Infantil. Deste xeito, desbótase, por informe negativo da Unidade Técnica da Consellería, a proposta de traslado aprobada inicialmente no pleno do Concello, xa que ocuparía espazos exteriores, desaparecendo o patio cuberto e un pequeno ximnasio, ao que tamén se opón o claustro do colexio.

Os responsables da Anpa desta aula trasladarán agora a decisión tomada hoxe nesta reunión aos pais nunha próxima reunión para recoller a súas opinións sobre os acordos.

“Quero agradecer a maiores, que durante a reunión o Concello tamén nos dera traslado da súa decisión de colaborar facendo un importante esforzo coa limpeza dos centros, aplicando así co protocolo contra fa Covid-19”, engadiu Pérez Ares.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí