Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Educación analiza co Concello de Tui as necesidades dos centros educativos co municipio

Na reunión, entre a Xefatura Territorial e o alcalde tudense, estudáronse cuestións como a dotación do comedor do CEIP número 2 ou a idoneidade urbanística da parcela para o novo colexio de Pazos de Reis

Na reunión, entre a Xefatura Territorial e o alcalde tudense, estudáronse cuestións como a dotación do comedor do CEIP número 2 ou a idoneidade urbanística da parcela para o novo colexio de Pazos de Reis

Fecha: 20 de Febrero de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

A Xefatura Territorial de Educación analizou esta mañá as necesidades dos centros educativos do concello de Tui nunha reunión co alcalde do municipio, Carlos Padín, na que tamén estiveron presentes responsables da Inspección Educativa e da Unidade Técnica deste departamento.

Entre os temas máis urxentes analizados durante a reunión desta mañá se atopa a futura dotación de mobiliario para o comedor do CEIP número 2, de cara a que poida comezar a funcionar o antes posible, e sempre tendo en conta que o concello tamén se comprometeu a facer o antes posible as obras que restan.

Por outra banda, tamén se comprometeu o concello a dar traslado á Xefatura Territorial dun informe sobre a situación urbanística de la parcela onde se pretende construír o novo colexio de Pazos de Rei. "O obxectivo é que se poidan iniciar os trámites canto antes, polo que queremos dende a Xunta estudar a situación da parcela de cara a comprobar se o concello ten que facer ou non algunha modificación puntual e poder así desbloquear canto antes a obra", explicou César Pérez Ares, xefe territorial de Educación.

Finalmente, durante a reunión tamén se analizou as obras máis urxentes nos colexios do municipio, entre as que se atopa a posta en marcha do plan de accesibilidade do CEIP de Guillarei, así como outros traballos de mellora nos colexios de Rebordáns e Caldelas de Tui.

O concello, pola súa banda, transmitiulle a Xefatura Territorial a súa intención de poder firmar un convenio entre ambas administracións para colaborar na posta en marcha de diversas obras nos colexios de Tui.

O xefe territorial agradeceu ao novo equipo de Goberno de Tui a súa disposición á colaboración e recordou que nos últimos anos investíronse máis dun millón de euros dende a Consellería de Educación nos colexios de Primaria e Secundaria deste concello do Baixo Miño.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones