Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EDUCACIÓN E CONCELLO DA GUARDA ACORDAN A EXECUCIÓN CONXUNTA DA CUBERTA DO POLIDEPORTIVO DE AS SOLANAS

Ambas administracións consideran a obra prioritaria e asumirán a súa execución a través dun convenio de colaboración

Ambas administracións consideran a obra prioritaria e asumirán a súa execución a través dun convenio de colaboración

Fecha: 06 de Agosto de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, na que se acordou a execución conxunta da cuberta do polideportivo de As Solanas.

Na reunión estiveron presentes responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial, así como a concelleira de Educación do municipio, Elena Baz, e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español.

Durante o encontro, tanto dende a Xunta de Galicia como dende o concello da Guarda, coincidiron na necesidade de mellora do tellado do pavillón deste colexio por cuestións de seguridade. "Somos conscientes de que se trata dunha obra prioritaria", explicou Pérez Ares, "polo que analizamos a colaboración entre as dúas administracións para afrontar economicamente estes traballos ao longo do próximo ano".

Entre os temas que se puxeron hoxe sobre a mesa atopáronse as cuestións técnicas, económicas e financeiras do proxecto. "Nos próximos días os responsables da Unidade Técnica se acercarán ata o polideportivo para avaliar o custo económico da obra, xa que, ademais, tamén hai que incluír o cambio dos lucernarios dunha das fachadas que se atopan en mal estado", engadiu o xefe territorial.

"O edificio é de titularidade municipal", matizou César Pérez, "pero os nenos do colexio utilizan estas instalacións en horas lectivas, polo que creemos que, como administración, debemos colaborar. Agora ben, agardamos tamén poder contar co apoio da Deputación de Pontevedra como xa ocorreu recentemente, tendo en conta que coa colaboración de todas as administracións seremos capaces de facer máis".

A Consellería de Cultura e Educación investiu nos últimos anos máis de 700.000 euros nos centros deste concello, tanto en Primaria coma en Secundaria, destacando a reforma da cuberta do patio do CEIP Sangriña e as obras de mellora de baixantes no CEIP Rodríguez Sinde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones