Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EDUCACIÓN E CONCELLO DE TUI ACORDAN FIRMAR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA MELLORAR VARIOS CENTROS DA LOCALIDADE

A Consellería reformará a cuberta do CEIP de Rebordáns mentres o concello reasfaltará as pistas exteriores do colexio de Randulfe

A maiores, ambas administracións traballarán xuntas para cambiar os falsos teitos de Rebordáns e os ventanais do CEIP Número 2

Fecha: 03 de Febrero de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, mantivo esta mañá unha reunión, na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, co tenente alcalde do concello de Tui, Miguel Ángel Capón, na que se acordou firma dun convenio de colaboración entre ambas administracións para mellorar diversos centros educativos da localidade.

No encontro estiveron tamén presentes responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, e o equipo directivo e a ANPA do CEIP Rebordáns.

Os responsables de ambas administración chegaron ao acordo de poñer en marcha varias medidas para mellorar diversos centros educativos de Tui, contando coa colaboración mutua.

Así, a Consellería de Educación interviría na cuberta do CEIP Rebordáns co obxectivo de mellorala ante as deficiencias que presenta, e tendo en conta o informe da Unidade Técnica ao respecto. "Trátase dunha obra que ten prioridade polo que a executaremos nos próximos meses", explicou o xefe territorial.

Pola súa banda, o concello comprométese a executar o reasfaltado das pistas exteriores do colexio de Randulfe así como a redacción dun proxecto para facer viable o comedor do CEIP Nº2.

A maiores, ambas administracións colaborarán para poder levar a cabo as obras de reposición dos falsos teitos dos colexio de Rebordáns, así como as fiestras do Nº2, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética deste centro educativo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones