Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Elsa Pena campiona de España de triatlón e acuatlón individual e por equipos catro ouros

Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) logrou o dobrete, ao vencer tamén o domingo no Campionato de España de Acuatlón cunha moi boa remontada a pe.

Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) logrou o dobrete, ao vencer tamén o domingo no Campionato de España de Acuatlón cunha moi boa remontada a pe.

Fecha: 11 de Julio de 2018

Fuente: Alberto Pena Lomba

Novamente, impresionante actuación dos cadetes galegos, que están adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) e Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse o sabado en Banyoles campións de España de Tríatlon na categoría cadete, pero non estiveron sos no podio. Tamén lograron medalla Jorge González (Natación Riveira) e Carla Guisande (Cidade de Lugo Fluvial), que foron bronce.

As rapazas, espectaculares unha vez máis. Henar Cons saíu da auga na primeira posición e por detrás Natalia Castro e Elsa Pena, bastante ben colocadas, mentres que Carla Guisande quedou un pouco máis descolgada. Elsa e Henar saíron na bici xuntas e chegaron a transición igual, pero Elsa estivo moi forte na carreira e xestionando moi ben para chegar con ventaxa suficiente a meta. Por detrás, Carla foi remontando posicións ata acadar esa medalla de bronce. Ademais, Henar Cons (Motobike Galaico Pontevedra) foi cuarta e Natalia Castro (Motobike), oitava. Por clubs, na categoría feminina, triunfo para o Cidade de Lugo Fluvial e bronce para o Motobike Galaico Pontevedra.

Se boa foi a xornada do sábado no Campionato de España de Tríatlon na distancia sprint, non desmereceu en nada a do domingo, coa celebración do Campionato de España de Acuatlon. As e os deportistas galegos volveron subir ao podio en todas as categorías, amosando o seu gran momento.

Cadete. Sen dúbida algunha as e os galegos arrasaron nesta categoría durante toda a fin de semana. Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) logrou o dobrete, ao vencer tamén o domingo no Campionato de España de Acuatlón cunha moi boa remontada a pe. Ademais, Carla Guisande (Cidade de Lugo Fluvial) volveu acadar o bronce, igual que o sábado, correndo moi forte e remontando. E o resto das galegas tamén estiveron a un nivel excepcional: Henar Diana Cons (Motobike Galaico Pontevedra), que foi a máis rápida na auga, foi quinta e Natalia Castro (Motobike Galaico Pontevedra), sexta. Tamén hai que destacar a magnífica proba de Martina Cons (Galaico) que saíu na saída B e fixo a proba en solitario e estivo impresionante para finalizar na 13ª posición de xeral. Na clasificación de clubs cadetes femininos, triunfo do Cidade de Lugo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí