Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Elsa Pena Campiona Galega de triatlón individual e por equipos

Na proba feminina, triunfo de Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial), que segue amosándose intratable na súa categoría

Na proba feminina, triunfo de Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial), que segue amosándose intratable na súa categoría

Fecha: 24 de Julio de 2018

Fuente: Alberto Pena Lomba

O Cidade de Lugo Fluvial proclamouse o pasado domingo en Ferrol campión galego de Tríatlon de Menores por clubs, trala suma das clasificacións nas diferentes categorías. O Cidade foi o campión con 854 puntos, mentres que segundo foi o Tríatlon Ferrol (688) e o bronce foi para Arcade Inforhouse (614).

Na categoría benxamín masculino gañou Álvaro Cobelas (Natación Pabellón Ourense), mentres que por clubs venceu o AD Fogar. Na proba feminina, a vencedora foi Noa Souto (Tríatlon Ferrol) co Cidade de Lugo Fluvial como mellor club.

Alevín. Damián Suárez (Natación Cedeira) foi o gañador da proba masculina, mentres que o seu club venceu na categoría de clubs. María Filgueiras (Tríatlon Ferrol) proclamouse campioa galega alevín, e o Tríatlon Ferrol gañou na categoría de clubs femininos.

Daniel Darriba (Cidade de Lugo Fluvial) e Victoria Ana Cons (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra) triunfaron na categoría infantil, co Arcade Inforhouse como mellor club tanto en chicos como chicas.

Por último, na categoría cadete houbo polémica, ao descualificar os xuíces a Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) por non levar dorsal na bicicleta. Houbo reclamación do seu club, pero o regulamento era claro e non houbo opción. Na proba escapáronse dende a natación Esteban Basanta, Jorge González e Jorge Morado, e na carreira a pe, Esteban logrou deixalos atrás, pero finalmente foi descualificado e o triunfo foi para Jorge González (Natación Riveira). Na proba feminina, triunfo de Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial), que segue amosándose intratable na súa categoría, a pesar do magnífico rendemento de Natalia Castro, Nerea García, Carla Guisande ou Henar Diana Cons. Na categoría de clubs, triunfos do Tríatlon Ferrol (masculino) e Cidade de Lugo Fluvial (feminino).

O Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores celebrouse en Ferrol coa participación de máis de 300 deportistas (48 benxamíns, 102 alevíns, 68 infantís e 88 cadetes) de máis de 20 clubs galegos. Todas as saídas foron conxuntas, menos a alevín polo número de participantes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí