Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ELSA PENA SUBCAMPIONA DO NADA E CORRE

A deportista guardesa acadaba a segunda posición na categoría Infantil Femenino

A deportista guardesa acadaba a segunda posición na categoría Infantil Femenino

Fecha: 14 de Marzo de 2016

Fuente: Alberto Pena

O Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión na categoría de clubs da final galega do programa invernal Nada e Corre 2016, que se celebrou hoxe en Pontevedra. O podio nesta categoría estivo formado por Cidade de Lugo (ouro), Tríatlon Ferrol (prata) e Tríatlon Motobike Galaico (bronce). Esta clasificación sae da suma dos resultados das seis mellores categorías de cada club.

Foi unha xornada moi intensa e de gran confraternidade, ao dividirse a final en sesións de mañá e tarde e poder gozar así dunha comida con pais, nais e participantes, na que se xuntaron case 300 persoas no Pazo de Congresos.


Pola mañá celebrouse a proba de natación na piscina do complexo deportivo Rías do Sur, nun espectacular entorno para os nenos e nenas, que puideron nadar nunha piscina de 25 metros, con dez rúas, grazas a cesión das devanditas instalacións. Ademais, de destacar o magnífico traballo do Tríatlon Motobike . Galaico, na organización da proba.


Pola tarde, celebrouse a carreira na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e posteriormente procedeuse á entrega de medallas en todas as categorías.
O Nada e Corre deste ano tiña como gran novidade a incorporación do paratriatlon, que permitiu a participación de David Almuiña, na categoría PT5 (para deportistas con discapacidade visual). David foi o primeiro, pero seguro que ano a ano teremos máis e igual de satisfeitos que él.


CLASIFICACIÓNS POR CATEGORÍAS
Prebenxamín feminino:
1. Adriana Rebolo (Cidade de Lugo)
2. María Muñiz (Natación Riveira)
3. Aitana Correia (Tríatlon Ferrol)

Prebenxamín masculino:
1. Óscar Alberte Teijeiro (A.D. Fogar)
2. Samuel Fernández (Cidade de Lugo Fluvial)
3. Davic Caneiro (Tríatlon Ferrol)

Benxamín feminino:
1. Julia Maneiros (Tríatlon Ferrol)
2. Alejandra Silvosa (Cidade de Lugo)
3. Marta Novo (Tríatlon Motobike - Galaico)

Benxamín masculino:
1. Damián Suárez (Natación Cedeira)
2. Nicolás Pais (Arcade Inforhouse)
3. Marco Mota (Arcade Inforhouse)

Alevín feminino:
1. Carla Fernández (Cidade de Lugo)
2. Laura Cano (Tríatlon Motobike - Galaico)
3. Lea Mota (Arcade Inforhouse)

Alevín masculino:
1. Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol)
2. Enrique José Rivas (Arcade Inforhouse)
3. Iago Otero (Talleres David Tríatlon Compostela)

Infantil feminino:
1. Natalia Castro (Tríatlon Motobike - Galaico)
2. Elsa Pena (Cidade de Lugo)
3. Henar Diana Cons (Tríatlon Motobike - Galaico)

Infantil masculino:
1. Juan Francisco Pérez (Natación Cedeira)
2. Esteban Basanta (Cidade de Lugo)
3. Pablo García (Tríatlon Motobike - Galaico)

Cadete feminino:
1. Iria Rodríguez (Atletismo Porriño)
2. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol)
3. Inés Castaño (Arcade Inforhouse)

Cadete masculino:
1. Iván Puentes (Tríatlon Ferrol)
2. Arturo Ramos (Talleres David Tríatlon Compostela)
3. Martín Cando (Tri-Penta Terras de Lugo)

Paratríatlon masculino (PT5)
1. David Almuiña (Natación Riveira)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones