Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

En marcha as obras da Deputación para construír a nova senda peonil de 2,4 quilómetros en Caldelas de Tui

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que xa comezaron os traballos de roza das marxes e sinalización provisional da obra

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que xa comezaron os traballos de roza das marxes e sinalización provisional da obra

Fecha: 05 de Julio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do Departamento de Mobilidade, vén de iniciar nestes días as obras de mellora da mobilidade peonil nas estradas provinciais EP-3004 e EP-2505 situadas na parroquia de Baños de Caldelas, no municipio de Tui. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, os traballos consisten, fundamentalmente, na construción dunha nova senda peonil de 2,4 quilómetros de lonxitude e 2,5 metros de largo, así como na instalación de elementos de calmado de tráfico.

Nestes momentos operarios da empresa ‘Arines, Obras y Proyectos SL', adxudicataria do contrato, xa están a realizar traballos de roza das marxes das estradas e tamén a sinalización horizontal provisional da obra, marcando en amarelo as liñas da vía. Hai que lembrar que os traballos teñen un prazo de execución de seis meses, polo que se non se producen complicacións técnicas e a climatoloxía o permite, o proxecto poderá estar finalizado a primeiros de 2019.

A obra de mellora da mobilidade peonil en Caldelas de Tui fora unha das principais solicitudes á Deputación do ex alcalde Enrique Cabaleiro. Dado que a petición encaixaba na Estratexia de Mobilidade 3.0 provincial, fomentando a mellora da seguranza e a prioridade peonil, o proxecto foi redactado por persoal técnico provincial. O obxectivo, segundo afirma o deputado Benítez, é acadar unha zona de tránsito peonil segura que dea servizo á veciñanza da zona, que sofre un importante tránsito de vehículos de vehículos a motor.

Para poder levar adiante a obra asinárase en xullo do pasado ano un convenio de colaboración Deputación e Concello. Unha vez asinado o acordo púxose en marcha o procedemento de contratación e interesáronse por executar as obras doce empresas, das que dúas foron excluídas por estimar que as ofertas presentadas non se podían cumprir por ter presentado baixas temerarias.

Zona 30 e redutores de velocidade
Segundo explica Benítez, a actuación en Baños de Caldelas consiste na construción dunha senda de 2,4 quilómetros de lonxitude e 2,5 metros de largo aproveitando maioritariamente a actual sección da vía, só ampliándoa en lugares puntuais. Tamén se instalará unha nova glorieta na intersección entre as dúas estradas EP-2505 e EP-3004 (que conflúen en forma de V na zona do antigo Cuartel da Garda Civil), e poñerase en valor o espazo existente xunto a igrexa de San Martiño cunha nova pavimentación especial.

Tamén haberá dispositivos de calmado de tráfico, como en todos os proxectos do departamento de Mobilidade: instalaranse dez pasos de peóns sobreelevados e seis redutores físicos de velocidade distribuídos ao longo das dúas vías que obrigarán aos condutores a circular máis amodo marcando en toda a zona unha limitación máxima de velocidade de 30 quilómetros por hora.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí